Toda Aznar
Toda Aznar
Raíña de Pamplona, filla de Aznar Sánchez de Larraun (neto do Rei García I) e de Ennega (filla de Fortún I), que pertence á dinastía Ennega. Casou con Sancho I, da dinastía Ximena, e desta maneira foron fusionadas ambas as dúas dinastías. Foi nai de García III, que sucedeu o seu pai sendo menor de idade. Aínda que a afectiva potestade rexia foi atribuída a Ximeno Garcés, tío de García III, converteuse na verdadeira rexente desde 926.