"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Peza de roupa longa e ampla que vestían os cidadáns de Roma.

    2. Peza de roupa longa ata os pés que empregan maxistrados, avogados e mestres universitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen viste toga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á comedia romana da segunda metade do s II a C, en que se representaban escenas da vida cotiá protagonizadas por personaxes que ían vestidos con toga, sinal distintivo dos romanos. Sucesora da paliata, cultivárona Vetio Titinio, T. Quincio Ata e, especialmente, L. Afranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Somalia (41.000 km2; 383.900 h [estim 1980]). A súa capital é Burao (12.617 h [1964]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista danés. Especializouse no estudo gramatical do francés e do castelán modernos. Escribiu Struture immanente de la langue française (1951) e Mode, aspect et temps en espagnol (1953). Publicou diversos ensaios, como o dedicado ao Quixote (1957), e un conxunto de estudos sobre a influencia da literatura francesa nas letras escandinavas da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Foi un dos fundadores do Partito Comunista Italiano no congreso de Liorna (1912). Perseguido polo fascismo, refuxiouse en Francia e tomou a dirección do partido, do que foi secretario xeral (1927). No sétimo congreso da Terceira Internacional (1935), puxo, con G. Dimitrov, as bases da política de unidade antifascista que tiña que concentrarse nas frontes populares. En abril de 1944 volveu a Italia, onde foi posible a formación do primeiro goberno democrático, presidido por Badoglio, no que foi ministro sen carteira e participou tamén nos sucesivos gobernos provisionais, ata que os comunistas foron eliminados do poder (maio de 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental que constitúe unha franxa estreita que baixa perpendicularmente ao golfo de Guinea, entre Benin ao L, Ghana ao O e Burkina Faso ao N (56.785 km2; 4.796.000 h [estim 2001]). A capital é Lomé.
    Xeografía

    Xeografía física
    Pódense distinguir seis rexións xeográficas: unha faixa costeira baixa e areosa que forma unha chaira lixeiramente ondulada de altitude variable; un altiplano cristalino; as montañas, que atravesan o país en dirección SO-NL e culminan a 1.200 m, aínda que a altitude media é de 600 m; a chaira do río Oti e a chaira do NO. Climaticamente está dividido en dúas rexións: ao S o clima é ecuatorial, cálido e húmido, con temperaturas constantes e dúas estacións de chuvias; no interior e ao N o clima é sudanés, cunha estación de chuvias irregulares e abundantes e unha longa estación seca, cando sopra o harmattan, vento sudanés continental, moi seco e cargado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante xaponés. Comandante da frota xaponesa, interveu na Guerra Ruso-xaponesa (1904-1905), onde dirixiu o bloqueo de Port Arthur e derrotou a frota rusa na Batalla de Tsushima, que precipitou a fin da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Togo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Togo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro soberano selxúcida (1038?-1063), neto de Sel ǧ ūq ibn Duqāq e irmán de Čagri Beg. Comandou as tribos o ǧ uz que, establecidas en Corasmia, venceron os gaznévidas e apoderáronse de Nīšāpūr (1038?). Conquistou Esfähān aos buwayhís (1051) e, despois de ser nomeado sultán (1055) polo mesmo califa en Bagdad, aniquilou a dinastía buwayhí. Sucedouno o seu sobriño Alp Arslān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Mongolia. Divídese en 100 möngö.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘ti’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toirán. Construída en estilo románico (s XI), presenta nave e ábsida rectangulares. Sufriu varias modificacións durante o s XVIII, que afectaron fundamentalmente á fachada, en que destaca o rosetón formado por unha cruz de brazos iguais. Tamén do s XVIII é o engadido que se fixo á sancristía, anexado á capela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra no santuario da Virxe do Carme en Santalla de Toiriz (Pantón). O santuario fundouno o párroco Sebastián Francisco Figueiras e Lobera e consagrouse en 1725. Ten planta de cruz latina cunha cúpula e tres tribunas, unha no pórtico de entrada e dúas nos extremos do cruceiro. A festa celébrase en xullo e a ela acudían moitos romeiros con diversas ofrendas e, algúns deles, percorrían o interior do templo ou un anaco do camiño de xeonllos ao ter conseguido un dos favores pedidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vila de Cruces. Documéntase nos ss XII e XIII e puido ser anexado ao de Sobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO