Toirán, San Salvador de

Toirán, San Salvador de

Igrexa parroquial situada en Toirán. Construída en estilo románico (s XI), presenta nave e ábsida rectangulares. Sufriu varias modificacións durante o s XVIII, que afectaron fundamentalmente á fachada, en que destaca o rosetón formado por unha cruz de brazos iguais. Tamén do s XVIII é o engadido que se fixo á sancristía, anexado á capela maior.