"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Altar que adopta diferentes dimensións segundo a divindade á que estea dedicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e dramaturgo italiano. A temática do seu teatro é a angustia existencial. Publicou as pezas: Paura di me (Medo de min, 1951) e Lamento d´Orfeo (Lamento de Orfeo, 1961). Fundou a editorial Bompiani (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campos petrolíferos da rexión Oriental (antiga Biafra) de Nixeria, no delta do Níxer, explotados desde 1958.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia bantú das praderías orientais e do grupo bamileque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión pre-budista do Tíbet caracterizada principalmente polo Animismo e o Chamanismo, e pola crenza nun ser supremo, o deus celestial Kun-tu-bzan-po, que o domina todo sen intervir nos destinos do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na marxe oriental da Ría de Aldán, entre as puntas de Bon e Preguntoiro, na parroquia de Aldán, concello de Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na beira oriental da Ría de Aldán, na parroquia de Aldán, Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Boo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa de Tunisia, na península de Bon, fronte a Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo. Interpretou principalmente a Goldoni, un personaxe que lle serviu de modelo para as comedias Ludro e la sua giornata (Ludro e a súa xornada, 1832), Il matrimonio di Ludro (O matrimonio de Ludro, 1837) e La vecchiaia di Ludro (A vellez de Ludro, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Milán. En 1468 casou con Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán. Ao morrer o seu home, en 1476, fixo que se proclamase sucesor ao seu fillo Giovanni Galeazzo, asumiu a rexencia e confiou o goberno a Cico Simonetta, opoñéndose aos seus cuñados Sforza. Non obstante , o levantamento e a separación de Xénova (1478) desacreditou a Simonetta e Bona decidiu en favor de Ludovico Sforza (1479), renunciou á tutela e abandonou Milán en 1480.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia (1518-1548). Filla de Giovanni Galeazzo Sforza, duque de Milán, e de Isabel de Aragón. Foi protagonista, co nome de Belisana, da novela anónima en castelán Qüestión de amor (1513). En 1518 casou con Sexismundo I de Polonia e introduciu na corte o luxo e a corrupción. Ao morrer deixou o ducado de Bari a Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cisterciense. Foi nomeado cardeal en 1660 e escritor liturxista italiano. Entre as súas obras destacan Rerum liturgicarum libri duo (Segundo libro sobre as cousas litúrxicas, 1671) e Principia et documenta vitae christianae (Principios e documentos da vida cristiá, 1673).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bos Aires ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Pequenas Antillas, nas Antillas Neerlandesas (baixo a soberanía dos Países Baixos), situada fronte á costa continental de Venezuela (288 km2; 10.187 h [1992]). O seu clima é tropical semiárido. A capital é Kralendijk (1.200 h [1992]. Foi descuberta en 1499 por Alonso de Ojeda e Americo Vespuci, e no 1634 pasou a ser dominada polos holandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade maia do estado de Chiapas, México, que tivo a súa época de florecemento a finais do s VIII d C. No ano 1946 descubríronse nesta cidade unhas pinturas murais de tipo realista de vivo colorido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e escultor románico italiano. En 1186 realizou as portas da catedral de Monreale (Sicilia) e, en 1180, os batentes da porta da capela de San Ranieri, na catedral de Pisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de calma no mar ou no tempo que resulta propicio para a navegación.

    2. Tempo meteorolóxico de temperatura suave, sereno e tranquilo.

    3. Situación de prosperidade económica ou social.

    4. Tranquilidade de espírito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Buonaparte Familia de orixe nobre lombarda estendida por diferentes lugares de Italia (Florencia, Treviso, Verona e Padua). Membros relevantes desta familia foron o Emperador Napoleón I e o seu fillo -o Rei de Roma- Napoleón II; Xosé I, Rei de Nápoles e de España; Luís I, Rei de Holanda, e o seu fillo, o Emperador Napoleón III, así como o fillo deste último, o príncipe imperial francés Uxío Luís Napoleón Bonaparte (1856-1879); Xerónimo (1784-1860), Rei de Westfalia, e os seus fillos Xerónimo e Matilde Bonaparte; Luciano Bonaparte, príncipe de Canino; Elisa Bonaparte (1777-1820), gran duquesa de Toscana; Paulina Bonaparte (1780-1825), duquesa de Guastalla; e Carolina (1782-1839), Raíña de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO