Bona Sforza

Bona Sforza

Raíña de Polonia (1518-1548). Filla de Giovanni Galeazzo Sforza, duque de Milán, e de Isabel de Aragón. Foi protagonista, co nome de Belisana, da novela anónima en castelán Qüestión de amor (1513). En 1518 casou con Sexismundo I de Polonia e introduciu na corte o luxo e a corrupción. Ao morrer deixou o ducado de Bari a Filipe II.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Milán

  • Deceso

    Lugar : Bari, Puglia