"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Conxunto de la unha vez tosquiada, sexa en forma de pel estendida, tal como se presenta inmediatamente despois da rapa, sexa en feixes, que é como se presenta unha vez desfeita.
-
Pel lanar e curtida dun carneiro, un año ou unha ovella.
-
élaro do carneiro alado que Zeus enviou para salvar a Frixos e Hele, que fuxían da súa madrasta Ino, quen quería sacrificalos. A cabalo do carneiro, Frixos conseguiu chegar a Cólquida, sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle o seu vélaro de ouro ao rei, que o consagrou a Ares, pendurouno dunha aciñeira do bosque sagrado e púxolle un dragón para custodialo. Alí foron buscalo os argonautas con Xasón. Na Idade Media deu nome á Insigne Orde do Vélaro de Ouro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca de cosmética que tivo a súa orixe na descuberta do manancial da illa da Toxa. As súas augas, ricas en sodio, calcio, ferro e magnesio, levaron á creación dun balneario (1899) e dunha fábrica que, constituída en 1903 por Xosé Riestra López, con sede na illa, se dedicou á elaboración de xabóns preparados a base de aceites vexetais, substancias balsámicas e sales minerais, que presentaban a novidade de producir abundante escuma. Rexistrada como Sales de La Toja SA (1907), entre 1920 e 1930 foi adquirida por Pedro Barrié de la Maza, quen realizou a primeira ampliación e iniciou a produción de perfumaría alcohólica e produtos para o afeitado. Na década de 1950 abriu unha planta de fabricación na Coruña e na de 1970 separou as actividades hoteleiras das industriais coa creación de La Toja Cosméticos. Pertenceu a Gillete (1986), ao grupo Nobel (1990), para seguir como La Toja Cosméticos-Laboratorios Orive (1992) e integrouse en 1993 en Henkel Ibérica, que desde 2000 se converteu no grupo...
-
PERSOEIRO
Empresario. Presidente do Grupo Tojeiro, comezou no mercado da madeira e diversificou as súas actividades cara aos transportes e á alimentación coa creación de Gadisa na década de 1980. Foi presidente de Reganosa-Regasificadora del Noroeste, Forestal del Atlántico, Trotansa-Tojeiro Transportes S. A., Camosa-Caleras de Moeche SA, Unemsa-Unión de Empresas Madereras S. A., Intasa-Industrias del Tablero SA, Galparquet SA e Servicios Polígono Piadela SA Recibiu o Premio Grupo Voz (1998), a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2003) e a Medalla de Prata da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Holding empresarial creado (1986) e presidido por Roberto Tojeiro Díaz tras a fusión de varias empresas de alimentación e madeira. Distribúe produtos alimenticios, madeira, electrodomésticos, comida rápida, parqué, colas e combustibles, e entrou tamén no campo dos fertilizantes, da produción enerxética e dos transportes.
-
GALICIA
Médico. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador da Fundación Española de Nutrición e membro da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Investigou a nutrición relacionada co metabolismo, a obesidade, o crecemento e o risco de ateroxénese. Escribiu Medicina escolar: manual de reconocimiento médico escolar (1984) e Tratado de nutrición pediátrica (2000). Recibiu o Premio Suárez Perdiguero de investigación en nutrición infantil (1980) e o Premio Sarmiento de investigación científica (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político xaponés. Ministro de Guerra (1940-1941) e xefe de goberno (1941-1944), ordenou o ataque de Pearl Harbor (1941), que provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial. Dirixiu a ofensiva xaponesa ata a súa dimisión, en 1944 e, detido polos estadounidenses (1945), foi xulgado como criminal de guerra e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iño doce, suave, de cor dourada, propio da rexión de Hungría situada ao NO da cidade de Tokaj, na confluencia dos ríos Bodrog e Tisza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il da Anatolia Central, Turquía (9.869 km2; 711.465 h [1997]). A súa capital é Tokat (99.457 h [1997]).
-
ILLAS
Grupo de illas coralinas do Pacífico, situadas ao N da Samoa Occidental, Nova Zelanda (10,12 km2; 1.000 h [estim 2001]). Anteriormente chamábanse illas da Unión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de rede con topoloxía lóxica en anel desenvolvida por IBM, que alcanza unha velocidade máxima de entre 4 e 16 Mb por segundo. Está en desuso pola popularización de Ethernet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tocario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alfredo López Fernández.
-
CIDADES
Cidade da illa de Honshū, Xapón, situada ao NO de Toquio (325.809 h [1997]). É un centro de investigación de aeronáutica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre xaponesa, -xurdida do mesmo tronco que a dos Minamoto- á que estivo vinculado o último shogunado (1603-1868). En 1603 Iyesasu Tokugawa (morto en 1616), que fora proclamado shōgun en Edo, unificou administrativamente Xapón e someteu os daimios ao seu poder. Os Tokugawa protagonizaron unha era xenófoba e anticristiá, que rompeu case todos os vínculos coas potencias europeas. Non obstante, foi moi notable no aspecto cultural. A comezos do s XIX o shogunado e a dinastía Tokugawa entraron en crise a causa das transformacións internas e a presión exterior. En 1868 o último shōgun, Yoshinobu Tokugawa (morto en 1913), entregou os seus poderes ao Emperador Mutsuhito I de Xapón, co que comezou a época Meiji.
-
CAPITAIS
Capital do ken homónino, situada na illa de Shikoku, Xapón (269.649 h [2000]). Ten industrias téxtiles de fibras artificiais e industrias químicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Shikoku, Xapón (4.144 km2; 824.108 h [2000]). A súa capital é Tokushima.
-
PERSOEIRO
Escritor xaponés. Coñecido como Kenjirō, é un dos máximos expoñentes da corrente romántica en Xapón. Pertenceu ao círculo literario romántico Minyūsha (Os amigos do pobo), fundado en 1887, e da súa obra destacan Hototogiso (O cuco, 1898-1899), Omoide no ki (Recordos, 1900-1901), Kuroshio (Corrente negra, 1903), Shizen to jinsei (A natureza e a vida humana, 1905) e Nihon kara Nihon ye (De Xapón a Xapón).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Yamaguchi, na illa de Honshū, Xapón, situada na badía de Tokuyama, no Seto-naikai (109.671 h [estim 1994]). Antiga cidade feudal, o establecemento dunha estación de subministración de carbón para barcos en 1904 foi seguido dunha rápida expansión industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa electrónica xaponesa creada en 1875 en Toquio para a produción de material eléctrico. Co tempo, a fabricación de electrodomésticos converteuse na principal actividade do grupo, seguida da maquinaria eléctrica e diversos elementos electrónicos.
-
-
Morea de terróns e maleza que se queima para empregala como fertilizante.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘taberna’ e ‘tenda’ (de comestibles).
-