Tokuyama
Tokuyama
Cidade do ken de Yamaguchi, na illa de Honshū, Xapón, situada na badía de Tokuyama, no Seto-naikai (109.671 h [estim 1994]). Antiga cidade feudal, o establecemento dunha estación de subministración de carbón para barcos en 1904 foi seguido dunha rápida expansión industrial.