"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Construír as paredes dunha casa.

    2. Facer unha parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra de fábrica relativamente ampla e de grosores diversos, que se levanta verticalmente e que serve para cerrar un espazo de terreo, para formar as caras laterais dunha casa ou dunha cámara, ou para soster a cuberta dunha construción.

      2. parede apiñonada

        Parede que remata en ángulo para soportar unha estrutura de cuberta a dúas augas.

      3. parede de carga

        Parede en que se apoian as trabes que forman a estrutura do chan.

      4. parede de tres cuartos

        Parede, menos grosa ca a parede medianeira, que se fai no interior das casas.

      5. parede medianeira

        Parede que pertence simultaneamente a dúas edificacións veciñas, baixo un réxime especial de indivisión que permite a cada propietario o seu aproveitamento ata a metade do seu grosor. OBS: Tamén se denomina medianeira e medianil.

      6. parede mestra

        Parede principal e máis grosa que nun edificio adoita soportar os arcos e as vigas.

    1. Superficie ou cara lateral dun corpo.

      1. Superficie que cerra ou limita unha cavidade ou un órgano.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Corrubedo (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Taboada dos Freires (Taboada). O seu cumio acada os 697 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Cibrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Marisa Paredes, debutou no teatro en 1961. Interveu como actriz secundaria en filmes como Canción de cuna (1960) ou Las bicicletas son para el verano (1983), ata que logrou o recoñecemento do público e da crítica con Tacones lejanos (1991). Participou tamén en filmes como Ópera prima (1980), La flor de mi secreto (1995), Todo sobre mi madre (1999), Hable con ella (2002), Una preciosa puesta de sol (2003) e Frío sol de invierno (2004). Presidiu a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (2000-2003) e recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no val de Retortillo e regado por diversos afluentes do Carrión (2.342 h [2001]). É un mercado comarcal con agricultura e gandaría. Posúe industria alimentaria e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e compositor. Estudou piano e harmonía en Vigo e, en 1946, trasladouse a Madrid para continuar os estudos musicais no Real Conservatorio. Despois comezou unha serie de concertos en solitario que, a partir de 1960, realizou acompañado dun grupo de música lixeira. En 1973 conseguiu unha praza como profesor de piano no Conservatorio de Varkaus e, posteriormente, exerceu a docencia noutros conservatorios finlandeses, como o de Kokkola e o de Joensuu. Das súas composicións destacan Suite Antigua, Fanfari e os ciclos sobre Cantares Gallegos e Follas Novas. Recibiu o Primeiro Premio de Piano do Real Conservatorio de Madrid (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Paredes (Montederramo). O seu cumio acada os 1.318 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Cruz (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.400 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xastre e impresor. Fundou en Santiago de Compostela unha das imprentas máis importantes da súa época e traballou preferentemente con publicacións universitarias. Dos seus obradoiros saíron revistas como El Eco de la Verdad e El Porvenir, e diversos escritos ultraconservadores e carlistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Luisa Paredes Bartolomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parede ou muro moi grosos de defensa ou contención.

    2. Parede mestra que quedou en pé nun edificio en ruínas.

    3. Muro fronte ao que se executa un fusilamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. calmante.

    2. Tintura benzoica de opio, preparado medicinal a base de extracto de opio, ácido benzoico, alcanfor, esencia de anís e alcohol, que contén uns 0,10 g de morfina por cada 100 cm 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi axudante de D. Velázquez e recibiu a influencia da pintura castelá da súa época. É autor de Vocación de san Mateo (1661), El bautismo de Cristo (1667) e do retrato El arquitecto José Rates.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de dous elementos que gardan entre si algún tipo de relación ou semellanza.

      2. Conxunto de dúas persoas ou animais de distinto sexo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada ovella coa súa parella”.

      3. Elemento que normalmente se agrupa a outro para formar un par.

      1. Persoa que mantén unha relación sentimental con outra.

      2. parella de feito

        Parella constituída fóra do matrimonio formada pola unión libre, pública e notoria de dúas persoas vinculadas de xeito estable. A súa regulación varía segundo as comunidades autónomas.

    1. Conxunto de dous elementos.

    2. Cada un dos elementos dun produto cartesiano de dous conxuntos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO