parella
(< parello)
-
s
f
-
Conxunto de dous elementos que gardan entre si algún tipo de relación ou semellanza.
Ex: Contrataron unha parella de pallasos para a festa. Acaba de pasar pola chousa unha parella de cazadores. Une cada palabra coa súa parella.
-
Conxunto de dúas persoas ou animais de distinto sexo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada ovella coa súa parella”.
Ex: Mercamos unha parella de bois na feira. Teu irmán e miña irmá fan unha boa parella. Cantos fillos tes? -Dous, a parella.
-
Elemento que normalmente se agrupa a outro para formar un par.
Ex: Perdín a parella desta luva. A súa parella de baile está lesionada.
-
-
-
s
f
Persoa que mantén unha relación sentimental con outra.
Ex: Foi á cea coa súa parella.
-
parella de feito
[DER]
Parella constituída fóra do matrimonio formada pola unión libre, pública e notoria de dúas persoas vinculadas de xeito estable. A súa regulación varía segundo as comunidades autónomas.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
Conxunto de dous elementos.
-
s
f
[MAT]
Cada un dos elementos dun produto cartesiano de dous conxuntos.
-
[XOGO]
-
s
f
Conxunto de dous números ou puntos iguais que saen dunha tirada no xogo dos dados.
-
s
f
Conxunto de dúas cartas iguais en número ou en figura.
-
dobre parella
Combinación de dúas parellas diferentes conseguidas nunha xogada e que ten un valor intermedio entre a parella e o trío no xogo do póker.
-
s
f
-
s
f
[PESCA]
-
Sistema de pesca en que dúas embarcacións arrastran a mesma rede de profundidade.
-
Cada unha das embarcacións que participan nese sistema de pesca.
-
Rede que se utiliza nese sistema de pesca.
-
-
s
f
[CONSTR]
Madeiro longo e groso que sostén outros madeiros transversais ou os corpos superiores dun edificio. OBS: Tamén se denomina trabe mestra ou viga mestra.