"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Con formación de canteiro, entre 1985 e 1995 traballou nos obradoiros de Francisco Leiro, Manuel Paz e Silverio Rivas. Elaborou as súas obras con diferentes materiais que mesturou. Resituou os obxectos de pedra en contextos non habituais e en diálogo con obxectos de chumbo ou madeira, e a partir de 1995 empregou a parafina, coa que realizou valeirados de figuras en series. Da súa produción destacan El peso de la vida (1994), Embalajes ou Tres peones (2000). Recibiu o Premio de Escultura Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Barcelona 1893 - 1959) Escritor. Relacionado con Pompeu Fabra, foi un continuador da súa obra e co tempo converteuse en voceiro da intelectualidade catalá. Comprometido coa República, exiliouse en Francia en 1939. Traduciu a Odissea (1919 e 1948) e obras de Kavafis, Sófocles, Esquilo, Plutarco, Hölderlin, Poe, Rilke e Kafka. Iniciou a súa obra poética con Estances (1919), onde amosa un concepto de poesía como experiencia de cultura e a vontade de obxectivar a experiencia amorosa en termos de poema. Inscrito no novecentismo, elaborou un mundo poético definido polos clásicos gregos, os trobadores e algúns poetas modernos. No segundo libro de Estances (1930) incluíu poemas máis persoais, con referencias a Hölderlin, Rilke, Guillén, Valéry e Mallarmé. Tres suites (1937), Elegies de Bierville (1943), Del joc i del foc (1947) e Salvatge cor (1952), constitúen unha especie de canto espiritual que representa un dos cumios da poesía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Lisboa (1943), traballou sobre as terras portuguesas, diversas illas do Atlántico e diferentes rexións tropicais africanas e brasileiras. Publicou Portugal, o Mediterrâneo e o Atlântico (1945) e La Zone intertropicale humide (1973), en colaboración con S. Daveau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo francés. Creou o concepto e o nome de anafilaxia para explicar todos aqueles fenómenos de sensibilización provocados pola introdución dun antíxeno que, en lugar de suscitar inmunidade, deixa o organismo en condicións de sufrir trastornos graves se se repite o contacto. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1913 en recoñecemento aos seus estudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sismólogo estadounidense. Xunto con B. Gutenberg, elaborou en 1935 a escala de Richter para medir a magnitude dos terremotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, organista e clavecinista alemán. Foi organista da igrexa de San Tomé de Leipzig (1949-1951). Fundou o coro e a orquestra Bach de Múnic (1953), cos que efectuou numerosas gravacións do compositor barroco, como A Paixón segundo san Mateo, A Paixón segundo san Xoán, a Misa en si menor, o Magnificat e numerosas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo lectoral de Lugo e bispo de Mondoñedo (1753-1761). Promoveu a construción do palacio episcopal e fomentou o estudo de teoloxía moral entre os cóengos da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Considerado, con Humboldt, o principal creador da xeografía moderna, dedicouse sobre todo á xeografía humana. A súa obra fundamental é Die Erdkunde in Verhältnis zur Natur und zur Geschichte des Menschen (A xeografía xeral en relación coa natureza e coa historia do home, 1817-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Topógrafo. Dedicado á investigación arqueolóxica, colaborou na delimitación, confección e estudo do plano da zona de protección monumental do centro histórico de Ourense. Publicou La Vía romana XVIII (via nova): revisión de su trazado y mensuración (2000) e Consideraciones sobre la antigüedad del episcopado auriense y la génesis de su diócesis: el rol del Parochiale Suevum y otras cuestiones (2003). É académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josep Andreu i Laserre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor, fillo de Roxelio Rivero. En 1947 ingresou en Radio Nacional de España e foi director do semanario El Español. Publicou Ancla (1944), Catavento ao norde (1956), Los dientes de la sombra (1964) e Viaje por la letra y el espíritu de Puenteareas (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Francisco Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Líbano na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británico, barón Robbins. Defendeu o antiintervencionismo e, en An Essay on the Nature and Significance of Economic Science (1932), considerou neutral a ciencia económica respecto aos fins; o seu obxecto consiste na elección e a asignación de recursos escasos entre fins alternativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Escribiu numerosas narracións baseadas no medio natural do seu país. Destacan Earth’s Enigmas (1896), The Kindred of the Wild (1902) e Neighbours Unknown (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e politicólogo. Embaixador en diversos países (1973-1979), ministro de Educación e Ciencia (1975-1976), secretario de estado de Asuntos Exteriores (1979-1982). Foi nomeado director xeral de RTVE (1981), elixido senador (1983-1987) e europarlamentario polo PP (1986-1999). Escribiu La bótica del Mamut (1987) e En Europa desde Europa (1987). Recibiu a Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz del Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político alemán. Foi o primeiro representante alemán do socialismo teórico. Partindo da concepción ricardiana do valor traballo, introduciu a consideración de que se os salarios non aumentan proporcionalmente á produción, e poden orixinarse crises xerais do sistema a causa dunha superprodución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información e Socioloxía, foi director de Radio Cadena Española en Ourense e redactor xefe de Atlántico Diario. Foi xefe de Informativos e xefe de Programación na CRTVG e subdirector de RNE en Galicia. Recibiu o primeiro Premio de reportaxe radiofónica (1992) no Carballiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PSOE desde 1976, foi deputado no Congreso (1977-1983). Presidente da Junta de Extremadura desde 1982 e secretario xeral do PSOE en Extremadura desde 1988, desde 2004 é secretario executivo da comisión executiva federal do PSOE. Recibiu a Gran Cruz de la Orden del Infante D. Henrique (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO