"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Realizou unha pintura crítica e satírica da sociedade rusa, aínda que carente dunha intención moralista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás feofíceas.
-
Alga da clase das feofíceas.
-
Clase de algas que presentan como característica máis salientable a cor parda que amosan debido á presenza de gran cantidade duns pigmentos pardos (as xantofilas), aínda que algunhas especies poden amosar debaixo da auga unha forte iridiscencia azulada, tal é o caso de Cystoseira tamariscifolia. Nos restantes caracteres son moi variables, xa que a este grupo pertencen as algas que presentan maior tamaño e complexidade anatómica. A maioría viven en augas salgadas ou salobres. Algunhas especies do Pacífico Norte (Macrocystis) poden medir 25 ou máis metros de lonxitude, e medrar ata 6 cm/día; sen embargo, as especies galegas máis grandes, que pertencen aos xéneros Laminaria e Saccorhiza, non chegan a acadar eses tamaños. Son as que forman as grandes praderías mariñas, ás veces case bosques, polo que teñen un elevado interese na cría e reprodución de moitos peixes e pequenos moluscos, tanto pola protección que lles dan como pola achega nutricional que poden atopar entre elas. Tamén nas algas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento de cor marrón olivácea, resultante da transformación da clorofila por acción dos ácidos con perda do átomo central de magnesio que é substituído por hidróxeno.
-
-
Relativo ou pertencente ás feófitas.
-
Alga da división das feófitas.
-
División de algas que se ordena na clase única das feofíceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plasto das feofíceas, que é rico nun pigmento de cor marrón chamado ficoxantina.
-
PERSOEIRO
Industrial e inventor británico. Propulsor dun gran número de empresas automobilísticas e aeronáuticas, como a Harr Ferguson Motors Limited e a Harry Ferguson Research Limited. Inventou un sistema de produción agraria, integrado de tractor e produtor, e contribuíu ao perfeccionamento dos sistemas de transmisión para automóbiles. Foi membro da Institution of Automobile Engineers e da Royal Aeronautic Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que a ecuación xn+yn=zn, onde n é un número enteiro maior que 2, non ten solución enteira distinta da x=y=z=0. P. S. de Fermat afirmou que localizara unha demostración lendo un libro de Diofanto, pero esta demostración nunca se atopou. Por iso, tamén se denomina conxectura de Fermat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que se p é un número primo e a un número primo con p, entón satisfaise que ap-1-1 é divisible por p; é dicir, ap-1)(mod p). Tamén recibe o nome de teorema pequeno.
-
GALICIA
Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Realizou estudios na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Membro colaborador do equipo investigador da Universidade de Vigo O vestixio do tempo, realizou exposicións en Ourense e participou, entre outras, na sección Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1992, 1994), Expo Ourense, pintores y escultores ourensáns (1996), IV Premio de Pintura José Malvar (2000) e Estadio de sitio (Madrid e Barcelona, 2001). Recibiu, entre outros, o primeiro premio Arte Xoven Galega (1993) e o primeiro premio do VII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Leopoldo Varela, formouse co pintor Marcet (1948-1952). A súa obra adscríbese a un impresionismo apoiado no debuxo. Traballou o óleo, a acuarela, a augada e o pastel. As súas paisaxes reflicten os ambientes rurais e mariños de Galicia, e tamén as terras de Castela, La Rioja e Aragón. Dende a súa primeira mostra celebrada en 1956, expuxo en diversas cidades galegas e españolas. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, onde obtivo a medalla de prata en 1972, e entre outras mostras na Trienal de Compostela (1974), Artistas Galegos (Madrid, 1976) e Pontevedra con Centroamérica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Realizou estudios de solfexo, piano e violín. Fundador do coro Cantigas da Mariña, escribiu as pezas polifónicas Airiños aires, Pobre velliño, Alalá de Ribadeo e Miña ruliña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Moi crítico coa clerecía da súa época, escribiu o tratado De educatione, editado en 1865, no que protestaba contra os costumes medievais hispánicos e contra a castelanización das altas capas da sociedade napolitana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro. Foi profesor da Universidade de Turín e da Academia Militar, e dedicouse ao estudo da electrotecnia. Fundou a primeira escola de electrotecnia de Italia (1886), que leva o seu nome. Membro da Accademia delle Scienze de Turín, coñécese polo descubrimento dos campos magnéticos rotativos, de onde deduciu un gran número de aplicacións dos motores eléctricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e cantante. Musicou textos seus, caracterizados por seren amargos, anarquistas e inconformistas. Tamén escribiu melodías para textos de Rimbaud, Verlaine, Baudelaire e L. Aragon. En 1946 debutou como cantante en París e gravou varios discos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que é de ferro ou que o contén.
-
Que ten características ou propiedades semellantes ao ferro.
-
-
Aplícase a quen ou ao que se caracteriza pola obstinación, a rixidez ou a intransixencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe na voz común latina ferreolus, diminutivo de ferru ‘ferro’. Hai tres santos co nome de Ferreol ou Ferriol: un discípulo de santo Ireneo (s III) que predicou en Besançon, celebrado o 16 de xullo; un tribuno romano (s IV), celebrado o 18 de setembro; e un bispo de Grenoble (s VII), celebrado o 16 de xaneiro.