"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Relacionouse co grupo literario simbolista Jeune Belgique e pertenceu ao Círculo dos XX (1884-1893) e da Libre Esthétique desde o ano 1893. Traballou en Italia, Austria, Países Baixos e España. Entre as súas obras destacan Pink House (Casa rosa, 1892) e Peacocks (Pavos reais, 1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘almofada’.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e historiador portugués. Formouse na Escola Politécnica (1835) e na Escola do Exército (1855). Foi vicepresidente do Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía Prehistóricas (1880), no que presentou o relatorio “La grotte de Furninha à Peniche” (A gruta de Furninha en Peniche) co que defendeu a tese do canibalismo dos homes que habitaron o lugar no Neolítico. Colaborou con C. Ribeiro e P. Choffat na Carta Xeolóxica de Portugal. Foi vicepresidente do Comité Internacional de Nomenclatura Xeolóxica. Os seus principais traballos científicos e publicacións foron recollidos por P. Choffat na obra Notice nécrologique sur J. F. Nery Delgado, 1835-1908 (Noticia necrolóxica sobre J. F. Nery Delgado, 1835-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Fíxose famoso cunha tradución das Xeórxicas de Virxilio (1769). Publicou, entre outras obras, Les jardins (Os xardíns, 1782), L’homme des champs (O home dos campos, 1800) e L’imagination (A imaxinación, 1806), ademais de traducións en verso da Eneida (1804) e de O paraíso perdido (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cometer un delito.
-
-
Acción de desvanecerse ou desmaiarse.
-
Estado no que se produce un éxtase dos sentidos provocada por unha intensa emoción ou unha grande exaltación.
-
-
PERSOEIRO
Político e economista. Traballou na Banque de París como asesor de planificación, asuntos sociais e culturais. No ano 1974 ingresou no Parti Socialiste e foi ministro de Economía e Finanzas (1981-1984). Foi deputado do Parlamento europeo (1979-1984) e presidente do Comité económico e monetario das Comunidades Europeas (1979-1981). Tamén presidiu a Comisión Europea (1984-1994), cargo desde o que impulsou a integración europea mediante a aprobación da Acta Única Europea (1986), o Tratado de Maastricht (1992) e a admisión de novos membros. En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional e en 1995 o Premio Carlos V, en recoñecemento á súa tarefa a prol da unificación europea. Publicou Le nouveau concert européen (O novo concerto europeo, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘mesa’.
-
PERSOEIRO
Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. En plena nouvelle vague acadou un gran renome coa obra Lola (1961) e con dúas comedias musicais: Les parapluies de Cherbourg (Os paraugas de Cherbourg, 1963) e Les demoiselles de Rochefort (As señoritas de Rochefort, 1966). Posteriormente realizou, entre outros filmes, Une chambre en ville (Unha habitación na cidade, 1982) e Trois places pour le 26 (Tres prazas para o 26, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos dendroquirótidos.
-
Equinodermo da orde dos dendroquirótidos.
-
Orde de equinodermos da clase dos holoturoideos. Teñen forma de cogombro e posúen tentáculos ramificados que filtran o plancto.
-
-
PERSOEIRO
Gravador, debuxante, escritor e diplomático francés. Barón de Denon, acompañou a Napoleón I na súa viaxe a Exipto e escribiu Voyage dans la Basse et la Haute-Egypte (Viaxe polo Baixo e o Alto Exipto, 1802). Entre outras obras escribiu Julie ou le bon pére (Julie ou o bo pai, 1769) e Point de lendemain (Punto de mañá, 1777). Director xeral de museos durante o consulado e o imperio de Napoleón I, organizou o Musée du Louvre e promoveu a construción da columna Vendôme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Traballou como axudante de dirección de Luis Buñuel e J. Sassin, entre outros. Dirixiu diferentes filmes, como Le gigolo (O gigolo, 1960), L’homme de Marrakech (O home de Marraquex, 1965), Borsalino (1970) e Trois hommes à abbattre (Tres homes que abater, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de pezas esqueléticas de orixe mesodérmica ou cunha osificación dérmica que, segregadas polo tegumento exterior do animal, contribúen á súa protección e quedan recubertas pola epiderme.
-
-
Relativo ou pertencente aos dermoquélidos.
-
Réptil da familia dos dermoquélidos.
-
Familia de réptiles da orde dos quelonios ao que pertence o xénero Dermochelys.
-
-
PERSOEIRO
Político e avogado arxentino. Colaborou co xeneral Paz na organización dun exército de oposición a Rosas. Acudiu como representante de Córdoba á Asemblea Constituínte de Santa Fe (1852) e, pouco tempo despois, foi nomeado presidente ata a súa disolución (1854). Elixido presidente do Estado (1860), foi derrocado pola actitude secesionista de Bos Aires e polo estoupido do conflito civil (1861). A presidencia quedou nas mans do xeneral Mitre e Derqui retirouse da política activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Logo de estudar na École Normale Supérieure de París, entre 1960 e 1964 foi profesor de filosofía na Sorbonne e desde 1965 na École Normale Supérieure; así mesmo foi profesor visitante en diversas universidades dos EE UU. Fundou e codirixiu o Collège International de Philosophie en París e dirixiu a École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Vinculado ao estruturalismo, o seu pensamento estivo tamén influenciado pola fenomenoloxía. É o iniciador da corrente teórica da deconstrución, un modelo de análise crítica que cuestiona as presuposicións, os valores e as xerarquías da tradición metafísica occidental, que tivo unha grande influencia nos EE UU como vía de interpretación para os textos literarios. Publicou La voix et le phénomène (A voz e o fenómeno, 1967), De la grammatologie (Sobre a gramatoloxía, 1967), L’écriture et la différence (A escritura e a diferencia, 1967), Positions (Posicións, 1972), Marges de la philosophie (Marxes da filosofía, 1972), Les styles...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desaquelar ou desaquelarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oz empregada na lingua coloquial de significado pouco preciso que varía segundo o contexto no que a utilizamos, así pode significar ‘desamañar, desarranxar, estragar, desenfadar, etc’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desaqueloutrar ou desaqueloutrarse.