"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Acción e efecto de tocar.
-
Pincelada lixeira.
-
-
Acción de tocar determinados instrumentos como as campás, os tambores ou as trompetas como sinal dalgunha actividade.
-
toque de atención
Toque de corneta con que se avisa para que a xente se retire antes de impoñer a orde pola forza.
-
toque de oración
Repenique de campás que se fai ao solpor ou ao mediodía, que invita os fieis a saudar a Virxe (toque do ángelus) ou a pregar polos defuntos (toque de ánimas).
-
toque de oración
Toque ao solpor para arriar a bandeira e facer un silencio polos soldados caídos
-
toque de mortos/de morto
Badaladas que anuncian a morte ou funeral de alguén.
-
-
Cada unha das padas de cal ou xeso coas que os albaneis suxeitan as regras e as miras ou con que definen unha aliñación ou un plano.
-
Aplicación lixeira dunha substancia medicamentosa nun punto determinado.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar cabezadas ou caer a cabeza por causa do sono cando non está apoiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
toba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
toquear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de toquenear.
-
-
Que carece dun dos extremos.
-
Que carece dun brazo ou de parte del.
-
-
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro de Galicia (42° 57’ 30’’ N - 7° 58’ O). Limita ao N co concello de Sobrado (comarca da Terra de Melide), ao S o de Melide, ao L cos de Friol (Lugo) e Palas de Rei (A Ulloa) e ao O con Melide. Abrangue unha extensión de 77,9 km2cunha poboación de 1.447 h (2001) distribuída nas parroquias da Capela, Mangoeiro, Ordes, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Eufemia do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz. A súa capital é Souto, na parroquia da Capela, que se atopa a 82 km da Coruña e a 63 km de Santiago de Compostela. Pertence á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Arzúa.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Toques está situado nunha área de topografía elevada na que se poden diferenciar dúas grandes unidades. Por unha banda aparecen os terreos de montaña que ocupan todo o N e L municipal, trátase das serras do Bocelo e do Careón, que forman parte... -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado na Capela (Toques). Documentado no s X, o Rei García I concedeulle a herdade de Melide. Por unha bula do Papa León X anexionouse ao mosteiro de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, de orixe prerrománica, cunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada e a parte dianteira da nave refixéronse en época posterior. Á ábsida accédese por un arco de medio punto peraltado. Cóbrese con bóveda de canón peraltada. Destacan no exterior o conxunto de pequenos arcos de medio punto que percorren o muro da ábsida. Foi declarado BIC en 1994.
-
CAPITAIS
Capital de Xapón e do ken homónimo (8.013.502 h [1998]). Situada ao SL de Honshū, está atravesada de N a S polo Sumida; ao S, esténdese ao longo da badía de Toquio, nunha área edificada continua ata Yokohama. A cidade prosperou no s XV e en 1868 trasladouse alí a capital. Durante o s XX foi reconstruída despois do terremoto de 1923 e tras a Segunda Guerra Mundial. Ten a área metropolitana máis grande do mundo, o Gran Toquio, con cidades satélites na periferia como Chiba, Kawagoe, Machida ou Fijisawa. O núcleo central comprende a cidade alta, Yamata, onde se atopan as principais institucións culturais (unhas 30 universidades), e a cidade baixa, Shitamachi, centro comercial e industrial. Cara ao S, esténdense, máis ou menos continuo, a industria pesada de metalurxia, maquinaria, cemento, química, caucho, materiais da construción, refinarías de petróleo e estaleiros. Ata o s VIII non había edificios nas súas proximidades. As loitas feudais do s XII fórona desprazando cara ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (2.166 km2; 12.064.101 h [2000]). Forma unha conurbación coa súa capital, Toquio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia do GATT celebrada en Toquio entre 1973 e 1979 en que se acordou reducir nun terzo os dereitos de aduana nos nove principais mercados industriais do mundo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de relevo residual que reflicte unha rede de diaclases ortogonais. OBS: Emprégase sen variación de número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tor (Monforte de Lemos). Construída ao longo de diversas etapas, no s XVIII realizase a escaleira exterior e a solaina. Relacionouse coas liñaxes dos Garza, Quiroga, Losada, Sarmiento, Taboada e outros. Conserva pedras de armas dos Sarmiento, Quiroga de la Puebla, Valladares e outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción en forma de touro que serve de soporte a artificios pirotécnicos que se queiman nas festas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tributo familiar que pagaban os xudeus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado polos xudeos á lei mosaica, comprendida no Pentateuco. Resume as normas que rexen as relacións entre os xudeos e as funcións rituais e litúrxicas. Os seus textos lesen nas reunións dos sábados nas sinagogas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
toracocentese.
-
-
Relativo ou pertencente ao tórax.
-
-
Relativo ou pertencente aos torácicos.
-
Crustáceo da orde dos torácicos.
-
Orde dos crustáceos cirrípedes que está formada por especies fixas, ben mediante un pedúnculo carnoso, como nos percebes, ben mediante un disco amplo e aplanado. A coiraza recobre todo o corpo, menos a rexión das anténulas, e está integrada por seis placas calcarias ou máis, aínda que hai casos nos que faltan. O primeiro segmento torácico está unido á cabeza, carece de antenas e as anténulas son moi reducidas e o tronco ten seis parellas de apéndices. Son hermafroditas, con fecundación cruzada e interna, ou ben autofecundación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘tórax’.