"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do Océano Atlántico, pertencente a Brasil e situado 435 km ao L da costa do estado de Rio Grande do Norte (26 km2). Descubriuna o navegante portugués Fernando de Noronha en 1503. É unha colonia penitenciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante portugués, fillo de Xoán I de Portugal e Filipa de Lencastre. Participou na fallida expedición a Tánxer (1437) na que foi tomado como refén e morreu. O seu corpo trasladouse a Lisboa e foi enterrado no mosteiro de Batalha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Xermánico (1558-1564), rei de Hungría e Bohemia (Fernando I; 1526-1564) e de Alemaña (1531-1564), fillo de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola. Educado polo seu avó materno, Fernando o Católico, foi enviado en 1518 a Flandres, onde completou a súa educación nun ambiente erasmista. Polo Tratado de Wörms (1521), o seu irmán, o Emperador Carlos V cedeulle os dominios patrimoniais da familia Habsburgo e en 1527, como esposo de Ana de Hungría e Bohemia, foi elixido rei, aínda que tivo que enfrontarse ao candidato da nobreza, Xoán Zapolya. En 1545 tivo que asinar unha tregua con Solimán II o Magnífico, que ocupara gran parte da chaira única, a cambio da entrega anual de tributos aos otomanos. En política interior, esforzouse por conciliar as posturas de católicos e protestantes. Iniciou unha serie de reformas entre os católicos, negociou o fin do conflito na Paz de Augsburgo (1555) e tentou que a Igrexa romana permitise a comuñón baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (Fernando IV; 1759-1806 e 1815-1816) de Sicilia (Fernando III; 1759-1816) e das Dúas Sicilias (1816-1825), fillo de Carlos VII de Nápoles. Recibiu os reinos de Nápoles e Sicilia cando o seu pai foi nomeado en 1759 rei de España (Carlos III). Formou parte da coalición contra Francia (1793) e o reino foi invadido polas tropas napoleónicas (1799), que fundaron a República Partenopea. Mediante a axuda dos británicos conseguiu reinar novamente e declaroulle a guerra a Francia. Perdeu o reino ante Napoleón (1806) e recuperouno en 1815. Reuniu os seus estados baixo o nome de Reino das Dúas Sicilias en 1816. A raíz da revolución de 1820, concedeu unha Constitución, que derrogou ao ano seguinte trala intervención da Santa Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1412-1416), duque de Peñafiel e conde de Mayorga, fillo de Xoán I de Castela e de Leonor de Aragón. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara. En 1406, trala morte do seu irmán Enrique III, asumiu a rexencia de Castela durante a minoría de idade do seu sobriño Xoán II, xunto con Catarina de Lancaster. Retomou as guerras iniciadas por Enrique III de Trastámara contra o Reino de Granada e tomou as cidades de Zahara (1.10.1406) e Antequera (24.9. 1410), polo que comezou a ser coñecido como Fernando de Antequera. Á morte do seu tío, Martiño I de Aragón (1410), presentou a súa candidatura para a sucesión e enfrontouse a Jaume II d’Urgell. Apoiado polos Urrea de Aragón, os Centelles de València e polo Papa Benedicto XIII, foi recoñecido como monarca tralo compromiso de Caspe (1412). Unha vez sufocada a revolta de Jaume II d’Urgell (1412-1413) e tralas concesións ao patriciado urbano catalán nas cortes de Barcelona (1413-1414), centrou os seus esforzos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Austria (1835-1848) e rei de Bohemia e de Hungría (Fernando IV; 1830-1848), fillo do Emperador Francisco I. Deixou a tarefa de goberno ao Consello de Estado, liderado polo chanceler Metternich. Sorprendido pola revolución de 1848, refuxiouse en Innsbruck; volveu a Viena, onde viviu as revoltas de outubro, e finalmente retirouse a Praga, despois de abdicar en favor do seu sobriño Francisco Xosé I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe (1887-1908) e tsar (1908-1918) de Bulgaria. Despois da abdicación do príncipe Alexandre I, foi elixido príncipe polo Parlamento. En 1908 rompeu a vasalaxe cos turcos e foi proclamado tsar dos búlgaros. Formou parte da Entente Balcánica (1912) e comprometeu o seu país ao lado dos imperios centrais durante a Primeira Guerra Mundial. Trala fin do conflito foi obrigado a abdicar no seu fillo Boris III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1458-1494) e duque de Calabria (1443-1494), fillo natural de Afonso V de Aragón. A súa investidura como rei de Nápoles foi rexeitada polo Papa Calixto III e polo duque de Lorena. Coroado en Bari (1459), derrotou o duque de Lorena na Batalla de Troia (1462). Na década de 1480 enfrontouse a varias sublevacións da nobreza napolitana que culminaron na Conxuración dos Baróns (1485-1486). Monarca renacentista, foi o fundador da primeira universidade napolitana (1465), o introdutor da imprenta (1474) e protector das artes e das letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1765-1801), fillo do duque Filipe I. Decretou a expulsión dos xesuítas dos seus estados, suprimiu a Inquisición, practicou unha política regalista e negouse a ser feudatario da Santa Sé. Opúxose á ideoloxía revolucionaria e ao imperialismo de Napoleón, que en 1801 lle arrebatou os estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1367-1383), fillo de Pedro I e Constanza de Castela. Trala morte do rei castelán Pedro I o Cruel (1369), emprendeu numerosas guerras, nas que asinou alianzas cos reis de Aragón, Granada e Inglaterra, co fin de reclamar para si o trono de Castela. Promulgou a Lei das Seismarias (1375) que procuraba o desenvolvemento da agricultura e da navegación. Trala súa morte sen herdeiro varón, sucedeuno o seu irmán Xoán, mestre de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1914-1927), fillo segundo do príncipe Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen. En 1889 foi designado herdeiro polo seu tío Carlos I. Malia a súa orixe xermánica, na Primeira Guerra Mundial loitou ao lado dos aliados (1916-1918) e coa vitoria obtivo Transilvania, Bessarabia, Bukovina e case todo o banato de Temesvâr. Trala guerra fixo unha política de reconstrución e emprendeu unha reforma agraria (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza escultórica de vulto redondo, realizada en marfil e con incrustacións de acibeche. Elaborado nun obradoiro de León, o Rei Fernando I e dona Sancha doáronllo a San Isidoro de León no 1063. Consérvase no Museo Arqueológico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - León 1065) Conde (1029-1035) e rei de Castela (1035-1065) e de León (1037-1065), fillo de Sancho III de Navarra e Maior de Castela. Designado polo seu pai como conde de Castela, tomou o título de rei trala súa morte. Casou en 1032 con Sancha de León, usufrutuaria dos territorios do Reino de León durante a minoría de idade do seu irmán Vermudo III. As rivalidades fronteirizas entre Castela e León enfrontárono con Vermudo III de León e, trala morte deste no val de Tamarón (1037), puido anexionar os territorios leoneses, o que provocou un descontento xeneralizado e a sublevación da nobreza galega. En xuño de 1038 foi unxido como rei de León e de Galicia e imperator na igrexa de Santa María de León, recoñecido como tal polos seus irmáns, os reis de Navarra e Aragón. Os conflitos fronteirizos con Navarra enfrontárono nunha nova guerra con García Sánchez de Navarra e, trala súa vitoria na Batalla de Atapuerca (1054), puido situar a fronteira castelá en Castro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e de León (1157-1188), fillo de Afonso VII. Educado en Galicia na casa do conde Fernán Pérez de Traba recibiu, trala morte do seu pai, os reinos de Galicia e León. En 1158 asinou xunto o seu irmán, Sancho III de Castela, o Tratado de Sahagún no que se fixaron os límites dos reinos e se comprometeron a non intervir nos asuntos portugueses. Trala morte de Sancho III, interveu na política interna castelá, ocupou Terra de Campos (1159), Segovia e Toledo (1162) e proclamouse rex hispanorum. Enfrontouse con Afonso I Henriques de Portugal na fronteira leonesa, onde repobou Ciudad Rodrigo (1165) e Ledesma; en 1165 asinou o Pacto de Celanova, no que tamén se acordou o casamento do monarca coa infanta Urraca de Portugal. Volveuse enfrontar cos exércitos portugueses, que avanzaron cara a Galicia, onde tomaron Tui e dirixiuse ao interior polos ríos Lérez e Limia, e cara a Badajoz, onde fixo prisioneiro a Afonso I Henriques. Situou a fronteira cos musulmáns na liña de Alcántara...

    VER O DETALLE DO TERMO