"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Rei de España (1746-1759), terceiro fillo de Filipe V e da súa primeira muller, María Luísa Gabriela de Savoia. Recoñecido como príncipe de Asturias en 1724, accedeu ao trono trala morte do seu pai (1746). Dominado pola súa muller, Bárbara de Bragança, rodeouse dun equipo de ministros reformistas, integrado polo marqués de la Ensenada, José de Carvajal e o xesuíta Francisco Rávago. No plano internacional promoveu unha política pacifista con Francia e o Reino Unido. Asinou coa Santa Sé o Concordato de 1753, no que se atribuía ao rei o padroado da Igrexa, e con Portugal o Tratado de Madrid (1750), polo que os portugueses cedían o N do Río de la Plata a cambio dos territorios das reducións xesuíticas dos indios guaranís, o que acabou provocando a Guerra Guaranítica (1754-1756). No interior, seguindo os preceptos da Ilustración, favoreceu o comercio internacional, a creación dunha rede viaria e o desenvolvemento da construción naval, que en Galicia se plasmou coa reapertura do correo marítimo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (1808; 1814-1833), fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma. Durante o reinado do seu pai dirixiu a oposición ao ministro Godoy e liderou a revolta coñecida como Motín de Aranjuez que provocou a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu favor (1808). Coa arbitraxe entre pai e fillo promovida por Napoleón e convocados en Baiona, devolveu a coroa a Carlos IV, que á súa vez lla entregou a Napoleón Bonaparte (abdicacións de Baiona). Foi enviado ao castelo de Valençay, desde onde seguiu o desenvolvemento da guerra contra Napoleón. Rematada esta, volveu a España (marzo de 1814), e desde València e co apoio dos asinantes do Manifesto dos Persas, promulgou o decreto que invalidaba toda a obra constitucional das Cortes de Cádiz. Non obstante, os primeiros anos do seu reinado estiveron salpicados por diversas revoltas, encamiñadas a resucitar a Constitución de 1812, e pola insurrección das colonias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo galego que procede do xermánico *Frithunanths, composto do godo *frithu- ‘paz’ e o adxectivo *nanths ‘valente, ousado’. Ten a variante Fernán (forma apocopada moi usada na Idade Media, sobre todo ante patronímicos) e os hipocorísticos Nando, Nano e Nan. Como nome persoal xa se documenta no s X en latín hispánico: Fredenandus, Frenandus e Fernandus. Este nome deu lugar ao apelido Fernández, un dos máis frecuentes da Península. Entre os santos que levan este nome destaca Fernando III o Santo (1199-1252), rei de Castela e de Galicia e León, celebrado o 30 de maio, e un abade de Antealtares en Compostela, celebrado o 6 de decembro. Na tradición oral recóllense ditos como: “San Fernando trae as moscas, san Eneón trae o moscón”, “Ir no coche de san Fernando: un pouquiño a pé e outro pouquiño andando”, “Se chove por san Fernando, o mozo ri e chora o amo”, “San Fernando, trinta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Activo durante o s XV, só se coñece unha cantiga da súa autoría, “Do Port and e vou mudar”, copiada no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana co número 387; no lugar correspondente do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, a composición non foi recollida, pero aparece, en cambio, o número 803 coa apostila colocciana “deest”. Trátese dun texto introducido tardiamente nos apógrafos italianos aproveitando o espazo en branco presente no seu antecedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Orixinario da comarca do Ferrol, pertencía á familia nobre dos Esquio. As súas composicións revelan certa vinculación coas vilas de Santiago e de Lugo, e posiblemente estivo en contacto coa corte de don Denís e coa corte señorial dos Traba. Aínda que un sector da crítica o ten identificado con Fernan do Lago, investigacións máis recentes negan estan posibilidade. Activo entre finais do s XIII e inicios do XIV, o seu cancioneiro componse de dúas cantigas de amor, catro de amigo e tres de escarnio, das que unha (“Dis[e] hum infante anta sa companha”) non está exenta de problemas de autoría; na cantiga de escarnio “A vós, dona abadessa” introduce o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta do Cancioneiro Geral (ss XV-XVI) de Garcia de Resende e irmán de Diogo Brandão. Tamén coñecido como Fernão Brandão Pereira, traballou na corte portuguesa ao servizo da Raíña Isabel, primeiro, e do infante Fernando, despois. Escribiu varias composicións en portugués e castelán, e axudou ao seu cuñado Francisco de Pina a concluír a Crónica de D. Manuel, que o seu sogro, Rui de Pina, deixara incompleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrónomo e médico. En 1547 acadou o posto de médico de cámara de Enrique II. Introduciu diferentes termos en fisioloxía e patoloxía e determinou a apendicite e o peristaltismo (1542). Fixo a primeira descrición da endocardite e, á parte dos seus tratados de matemáticas e astronomía, estableceu un novo criterio en medicina tomando como base a medicina de Galeno e a medieval. A súa obra Universa Medicina (1554) é a primeira referencia, clara e específica, sobre a metodoloxía anatómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo. Licenciouse en medicina en Barcelona (1873). Interesouse pola bacterioloxía e realizou investigacións sobre as enfermidades epizoóticas. En 1884 encargáronlle o estudo da epidemia de cólera en Marsella e Tolón. Colleu como base o descubrimento do Bacillus virgula do cólera, feito por Koch en 1883, e os métodos de vacinación de Pasteur, e acadou, coa colaboración de Innocent Paulí, unha vacina contra o cólera (1885). A Académie des Sciences de París concedeulle o premio Breant (1907) por este decubrimento. Creou outras vacinas, como a antitífica (1887) e a antirrábica, un método supraintensivo de vacinación baseado na inoculación de virus activos para provocar unha reacción defensiva intensa do organismo. Tamén preparou outra vacina contra a tuberculose, a anti-alfa, e introduciu en España o suero antidiftérico de Behring. Escribiu un gran número de publicacións, como Etiología del paludismo (1883), La inoculación preventiva contra el cólera morbo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traduciu a Heine e escribiu narracións e os libros de poesías La soledad (1861) e La pereza (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ferrador’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ferragachar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ferragacheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ferragacho.

    2. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cicel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Da súa obra destacan Arte histórica y legal de conocer la fuerza y uso de los derechos nacional y romano de España (1747) e Tratado legal y político de caminos públicos y posadas (1755).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo flanqueado: o xefe e a punta, de prata, cunha ferradura, de azul; os flancos, de goles, cunha estrela, de ouro. Outra variante leva, en campo de azul, unha cruz de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO