Fernand’Esquio
Fernand’Esquio
Trobador galego. Orixinario da comarca do Ferrol, pertencía á familia nobre dos Esquio. As súas composicións revelan certa vinculación coas vilas de Santiago e de Lugo, e posiblemente estivo en contacto coa corte de don Denís e coa corte señorial dos Traba. Aínda que un sector da crítica o ten identificado con Fernan do Lago, investigacións máis recentes negan estan posibilidade. Activo entre finais do s XIII e inicios do XIV, o seu cancioneiro componse de dúas cantigas de amor, catro de amigo e tres de escarnio, das que unha (“Dis[e] hum infante anta sa companha”) non está exenta de problemas de autoría; na cantiga de escarnio “A vós, dona abadessa” introduce o seu nome.