"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
-
Aplícase ao individuo con capacidade para participar na reprodución.
-
Aplícase á flor con capacidade para orixinar froito.
-
Aplícase ao solo que presenta unha alta produtividade. As condicións que favorecen a fertilidade dun solo son: presentar unha composición granulométrica equilibrada; un bo complexo arxilo-húmico; unha alta capacidade de cambio catiónico; humidade suficiente; microflora rica e elementos minerais abundantes e non tóxicos.
-
-
Que produce abundancia de ideas, obras intelectuais ou cousas inmateriais en xeral.
-
Aplícase ao elemento con capacidade para servir de combustible nuclear, como é o caso do 238 U e 232 Th.
-
-
-
Calidade de fértil.
-
Posibilidade fisiolóxica de procrear. A demografía centra o seu interese nas mulleres, que permanecen en idade fértil entre a puberdade e a menopausia. Debido a que o inicio desas etapas se manifesta cunha gran desigualdade cronolóxica, en función dun conxunto de factores moi diversos -tanto intrínsecos (xenéticos), como extrínsecos (ambientais)-, a efectos estatísticos estableceuse convencionalmente como idade fértil o período comprendido entre os 15 e os 49 anos de idade. As taxas de fertilidade consideran o número de nacementos con respecto ao continxente de mulleres dunha poboación comprendidas nesas cohortes de idade, polo que poden ser moito máis precisas ca as taxas brutas de natalidade á hora de analizar o comportamento vexetativo desa poboación.
-
Rituais e costumes polos que os homes, sobre todo nas civilizacións agrarias, expresaron o seu recoñemento do sagrado, que se manifestaba na colleita e, en xeral, na fertilidade da terra. Moitos destes rituais perduraron, con novas interpretacións, despois de que a denominada “relixión da terra” deixara paso a relixións universais como o cristianismo, o budismo ou o Islam. No ciclo cultural destacan as festas da sementeira, do comezo da colleita e sobre todo a do final da colleita, nas que eran frecuentes as prácticas como a hierogamia, a orxía e as ofrendas. Tamén se realizaba a ofrenda das primicias dos froitos, o derramamento do sangue das víctimas, os banquetes de comuñón e a aspersión con auga, e incluso con seme, entendida como unha fecundación mística da terra.
-
-
-
Acción e efecto de fertilizar.
-
fecundación.
-
-
-
Que fertiliza.
-
Substancia orgánica ou química que serve para aumentar a fertilidade dun solo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer fértil ou máis fértil algo, especialmente a terra botándolle fertilizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de aplicación de fertilizantes químicos en disolución acuosa mediante a auga de rego. Este sistema ten como vantaxes: permitir axeitar a administración de nutrintes ás necesidades das plantas en cada momento do seu desenvolvemento; a comodidade de aplicación dos fertilizantes e a redución de man de obra necesaria; e o aforro de fertilizantes e de auga.
-
-
Peza de madeira usada antigamente nas escolas para bater nas mans dos nenos como castigo.
-
Autoridade ou dominio que ten alguén sobre outro ou os demais.
-
Estrutura ríxida, xeralmente de metal e cun recubrimento de algodón, que se emprega para a inmobilización dalgunha parte do corpo fracturada, luxada ou á que lle convén repouso.
-
-
-
Cheiro forte, característico dalgunhas plantas ou animais de monte ou domésticos.
-
Sabor dalgunhas plantas ou da carne dalgúns animais cando está demasiado fresca ou se prepara sen adubo suficiente.
-
-
-
Movemento e ruído parecido ao que fai o líquido ao ferver.
-
Gran cantidade de xente ou animais que se moven e fan moito ruído.
-
Persoa que está sempre en movemento.
-
fervedor.
-
Depósito cilíndrico suplementario das caldeiras de vapor, disposto directamente á calor do fogón, no que se produce a ebulición da auga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente que se usa para ferver o leite.
-
-
Andar dun lado para outro sen parar remexendo e enredando.
-
Ferver moi lentamente algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non para de moverse, de enredar ou de remexer onde non debe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fervellasverzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fervellasverzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Darlle un lixeiro fervor a un líquido ou ao que este contén.
-
-
Que ferve.
-
fervoroso.
-
-
-
Caída dunha corrente de auga. Prodúcese cando, no seu avance sobre a superficie terrestre, a corrente chega a un punto de ruptura de nivel, na maior parte dos casos no contacto de dous bloques fallados, o primeiro elevado e o segundo afundido.
-
Ebulición dun líquido.
-
Estado de axitación causado por unha emoción ou sentimento moi intenso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras) onde se atopa o cadoiro do rego de Fervenza, cun salto de 30 m de altura. O día de Pentecoste, na ermida da aldea celébrase a romaría da Virxe das Dores. Este lugar constituíu parroquia ata finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadoiro do río Xallas na súa desembocadura na ría do Ézaro, no lugar do Cadoiro, no límite entre as parroquias (e concellos) do Pindo (Carnota) e do Ézaro (Dumbría). É o único río do continente europeo que desemboca nun cadoiro. A fervenza prodúcese por mor da resistencia á erosión do Monte Pindo, litoloxicamente un batolito de granito de biotita, que o caudal do río non é capaz de desgastar. A construción do encoro de Santa Uxía privou o curso do seu caudal, deixando o leito seco, sen respectar o caudal ecolóxico mínimo legalmente establecido. En agosto de 2000 a compañía titular da presa accedeu a proporcionar caudal ao río durante o mediodía de todos os domingos.
-
ENCORO
Encoro sobre o río Xallas provocado pola presa do lugar da Fervenza, no límite entre as parroquias (e concellos) de Olveira (Dumbría) e Boas (Mazaricos). O encoro asulagou terras das parroquias de Olveira (Dumbría), Baos, Alborés e Antes (Mazaricos), Brandomil e Brandoñas (Zas) e Serramo (Vimianzo).
VER O DETALLE DO TERMO