férula
férula
(< lat ferŭla)
-
s
f
Peza de madeira usada antigamente nas escolas para bater nas mans dos nenos como castigo.
Sinónimos: palmatoria. -
s
f
Autoridade ou dominio que ten alguén sobre outro ou os demais.
-
s
f
[MED]
Estrutura ríxida, xeralmente de metal e cun recubrimento de algodón, que se emprega para a inmobilización dalgunha parte do corpo fracturada, luxada ou á que lle convén repouso.