"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Forma do relevo de orixe tectónica que se resolve nunha fosa flanqueada a ambos os dous lados por unha serie de chanzos máis elevados das que resulta unha forma que en sección é practicamente simétrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘garavanzo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade ou conxunto de calidades que fan atractiva ou agradable a unha persoa ou cousa independentemente da súa beleza.

      2. Habilidade natural ou soltura ao facer algo.

      1. Capacidade ou calidade que ten alguén ou algo para facer rir, divertir ou sorprender. Na tradición oral recóllese o dito: “Vale máis caer en graza que ser gracioso”.

      2. Aquilo que divirte ou fai rir. Na tradición oral recóllese dito: “A peor graza é caer en desgracia”.

      1. Disposición protectora e amigable cara a alguén por parte dunha persoa poderosa.

      2. Beneficio especial concedido polo poder público sen compensación directa, outorgado a favor de persoas físicas, xurídicas ou de institucións.

      3. Facultade das máis altas maxistraturas do Estado, consistente en conceder unha remisión total ou parcial da condena (indulto) ou a anulación da antixuridicidade do feito que motivou a condena (amnistía). De acordo coas leis vixentes en España, non pode aplicarse ao presidente e aos membros do goberno cando incorren en responsabilidade criminal, e os indultos xerais non están autorizados.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que deriva do latín gratia, voz tirada do grego χάρις e esta do hebreo hen ‘favor’, ‘creto’. Hai tamén estudiosos que remontan a súa orixe ao sánscrito Gurta ‘benvido’, ‘agradable’. Segundo a doutrina cristiá é un don milagroso concedido por Deus, xa que logo, trataríase dun nome cristián, posto que pasou a ser unha advocación mariana: Nosa Señora da Gracia (ou das Gracias), patroa de Maó (Menorca) e da rexión da Toscana (Italia). Non obstante , tamén pode ser un nome laico de carácter augural, para desexarlle á nena esta virtude. Neste caso, o modelo tómase do nome latino da idade imperial Gratia, procedente das tres grazas da mitoloxía clásica. No calendario litúrxico celébrase o 25 de marzo e o 9 de xuño, e en Trasmiras o segundo domingo de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V, o 13 de setembro de 1729, a Pedro de Castro Salazar y Figueroa, señor de San Xían de Cela, primeiro duque da Conquista, cabaleiro da orde de Santiago e vicerrei de México (1740-1742). En 1803 pasou aos Villarroel e trala morte sen sucesión de María de la Natividad Quindós y Villarroel o marquesado foi rehabilitado no descendente dun irmán do primeiro marqués, Ignacio de Arenillas y López de Chaves. As súas armas son escudo terciado en pao: o primeiro, de prata, con seis roeles de azur; o segundo, de goles, con trece estrelas de ouro; e o terceiro, de ouro, con cinco follas de figueira de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xoán de Poio (Poio). Construída na segunda metade do s XIX, a súa planta achégase á forma dun L. Ten torre cuadrangular e está rematada con ameas. O edificio está percorrido por terrazas con balaústres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode outorgar de xeito gracioso sen suxeición a precepto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1619 pertenceu á orde dos xesuítas, estudiou filosofía e teoloxía e foi catedrático de Filosofía na Universidad de Gandía e de Sagrada Escritura na Universidad de Zaragoza. Representante do conceptismo barroco, empregou os pseudónimos de Lorenzo Gracián e García de Marlones. Publicou, entre outras obras, El héroe (1637), El político (1640), Agudeza o Arte de ingenio (1642), El discreto (1646), El oráculo manual y arte de prudencia (1647), El Criticón (1651-1657), novela alegórica costumista que amosa o desengano e escepticismo ante a vida, nun estilo perfeccionista e conciso, típico do conceptismo, e El comulgatorio (1655).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe camalduense e canonista. Compilador do Decreto, está considerado o iniciador do dereito canónico. Aparece mencionado moitas veces como Magister.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (375-383), fillo de Valentiniano I. Compartiu o Imperio de Occidente co seu irmán Valentiniano II, mentres que Oriente era gobernado polo seu tío Valente. Derrotou os alamanos preto de Colmar (378) e posteriormente outorgoulle ao xeneral Teodosio, futuro Emperador Teodosio I, o goberno de Oriente (379). Morreu nas Galias durante a loita contra o usurpador Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eximir ao condenado da pena que lle foi imposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das divindades latinas da beleza e da alegría, fillas de Zeus e Eurinome (ou Hera), que en orixe debían ser potencias da vexetación. Coas Musas formaban parte do séquito de Apolo; correspóndense coas carites gregas. Eran coñecidas como Eufrosine, Talía e Áglae, e representábanse en forma de doncelas vestidas, abrazándose ou dándose a man. Posteriormente, tanto na escultura (Escopas, Praxíteles) como na pintura, represen- táronse como figuras núas, portando atributos musicais ou florais. Destacan, entre outras representacións, as de S. Boticelli, Raffaelo, H. Baldung, Tintoretto, T. Zucaro, P. P. Rubens, G. Pilon, A. Canova, B. Thorvaldsen e J. J. Pradier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa nororiental de Nicaragua, no mar das Antillas, preto da fronteira con Honduras (Costa dos Mosquitos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (16.630 km2; 37.000 h [estim 1991]). A capital é Puerto Lempira (2.033 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do italiano Graziella, diminutivo de Grazia. A súa festividade celébrase o 25 de marzo e 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza pola súa delicadeza, esvelteza e flexibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas vermellas, da familia das gracilariáceas, no que se atopan especies das que se obteñen o ágar-ágar, os alxinatos ou os carraxenatos. Pódense localizar en moi diversos mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de grácil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as follas delgadas.

    VER O DETALLE DO TERMO