Gracia
Antropónimo feminino que deriva do latín gratia, voz tirada do grego χάρις e esta do hebreo hen ‘favor’, ‘creto’. Hai tamén estudiosos que remontan a súa orixe ao sánscrito Gurta ‘benvido’, ‘agradable’. Segundo a doutrina cristiá é un don milagroso concedido por Deus, xa que logo, trataríase dun nome cristián, posto que pasou a ser unha advocación mariana: Nosa Señora da Gracia (ou das Gracias), patroa de Maó (Menorca) e da rexión da Toscana (Italia). Non obstante , tamén pode ser un nome laico de carácter augural, para desexarlle á nena esta virtude. Neste caso, o modelo tómase do nome latino da idade imperial Gratia, procedente das tres grazas da mitoloxía clásica. No calendario litúrxico celébrase o 25 de marzo e o 9 de xuño, e en Trasmiras o segundo domingo de setembro.