"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xesús Miguel de Toro Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Luís de Toro Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de toro ou de toroide

    2. Relativo ou pertencente ao toroide.

    3. Aplícase ao campo magnético en que as liñas do campo están dispostas ao longo de círculos cuxo centro é o eixe de revolución do toro en que están contidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie semellante ao toro pero que está xerada por unha curva plana pechada calquera. Constitúe unha xeneralización do toro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excrementos que se expulsan ao defecar.

    2. Persoa pouco coidadosa co seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grumo de fariña nas papas.

    2. Anaco de gran de avea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tarambollo.

    2. Persoa extremadamente gorda e descoidada no seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación das glándulas das pálpebras.

    2. ulto que se produce por un tumor ou por unha inflamación.

    3. Gromo dunha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isótopo radioactivo do radón, de número másico 220, que pertence á serie do torio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Ontario, Canadá, situada arredor do lago Ontario (2.484.494 h [2001]; 4.689.897 h [2001] a área metropolitanana). É o principal centro financeiro de Canadá. O centro de negocios sufriu unha remodelación profunda co levantamento dun conxunto de rañaceos dedicados a oficinas privadas e da administración. Destaca a industria de aparatos eléctricos, electrónica, editorial, a de construción de automóbiles e a aeronáutica, mentres que a industria téxtil é dun carácter máis tradicional. O sector terciario ocupa ao 60% da poboación activa. No s XVIII os traficantes de peles converteron o pobo indio de Toronto nun importante centro comercial, que os franceses fortificaron (1750). En 1759 foi ocupada polos ingleses, que a chamaron York, e converteuse na capital do Alto Canadá. Foi destruída polos estadounidenses durante a guerra de 1812, e reconstruída polos ingleses, que lle volveron poñer o nome de Toronto en 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto entre Enrique IV de Castela e a súa irmá, a futura Isabel I (1468), que puxo fin á guerra civil, e na que Isabel foi recoñecida como herdeira de Castela. Con isto foi declarado de forma implícita a ilexitimidade de Xoana a Beltranexa, filla do monarca. Acordouse tamén que Isabel casaría co consentimento do seu irmán, cláusula que incumpliu ao casar con Fernando II de Aragón, o que provocou a anulación do acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen tarda en entender as cousas.

    2. Que non ten destreza.

    3. Que se move con dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzar torpedos contra obxectivos inimigos.

    2. Facer que fracase un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao avión ou embarcación que está armado principalmente con torpedos.

    2. Persoa que se encarga do lanzamento de torpedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos torpedínidos.

    2. Peixe da familia dos torpedínidos.

    3. Familia de peixes cartilaxinosos, da orde dos torpediniformes, á que pertencen as tremedeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos torpediniformes.

    2. Peixe da orde dos torpediformes.

    3. Orde de peixes cartilaxinosos co corpo en forma de disco oval na parte anterior rematado nunha cola na parte posterior. Entre o cráneo e a parte anterior das dúas aletas pectorais presentan un órgano eléctrico a cada lado. Aliméntanse de animais bentónicos. Habitan sobre fondos areosos e lamacentos nos mares tropicais e temperados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proxectil autopropulsado submarino, dotado de flotabilidade e dun sistema propio de dirección que, lanzado á auga por un avión, por unha embarcación de superficie torpedeira ou disparado por un submarino, explota por percusión ao tocalo ou por influencia da masa magnética dunha embarcación se pasou polo lado dela sen tocala. É fusiforme e pode acadar 8 m de lonxitude e 650 mm de diámetro. Os seus elementos constitutivos son, de proa a popa, unha espoleta, unha carga duns 300 kg de explosivos (xeralmente trinitrotolueno derretido), un dispositivo de aire comprimido, uns pequenos compartimentos estancos para a regulación da profundidade de inmersión, un motor de aire comprimido (duns 250 CV), unha hélice dobre de sentidos de rotación contrarios e os tEmóns de profundidade e de dirección movidos por servomecanismos accionados polo regulador de profundidade e polo mecanismo xiroscópico da dirección, respectivamente. A velocidade chega a ser de 45 nós, e o seu alcance, de ata máis de 20 km....

    2. Torpedo tripulado por un ou dous homes, provistos de equipos de mergullo, destinado especialmente a accións de guerra ofensivas, en que os tripulantes colocan algunha carga explosiva na obra viva dalgún barco inimigo ou lanzan contra este un torpedo que levan como armamento. Teñen pouca autonomía (uns 50 km), e son transportados ao lugar de operacións por submarinos, barcos mercantes ou lanchas rápidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos torpedínidos, ao que pertencen as tremedeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de torpe.

    2. Dito ou acción de-safortunado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que evoluciona e reacciona lentamente ao atoparse nun estado de torpor.

    VER O DETALLE DO TERMO