"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dun circuíto ferrorresonante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e titanio, cun 28 a 75% de Ti, que se emprega na obtención de aceiros especiais, en aliaxes lixeiras e como desoxidante. Para esta última finalidade obtense en alto forno; para a obtención de aliaxes utilízase o ferrotitanio producido por aluminotermia ou silicotermia, que ten unha porcentaxe de C inferior a 0,16.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e vanadio, cun 55 a 82% de V, que se emprega na fabricación de aceiros de corte rápido e aceiros laminados e para resortes. Obtense por aluminotermia a partir do óxido de vanadio.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Andrea da Fiésole, foi discípulo de Francesco di Simone. Das súas obras destaca o dosel da catedral de Fiésole (1492) e o busto de Marsilio Ficino da catedral de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco del Tadda.
-
PERSOEIRO
Político francés. Deputado republicano (1869), formou parte do gabinete de Defensa Nacional, foi alcalde de París (1870) e embaixador en Atenas (1872-1873), ministro de Instrución Pública e de Belas Artes (1879-1883), presidente do consello (1880-1881; 1883-1885) e ministro de Asuntos Exteriores (1883-1885). Polas súas decisións políticas de reforma do sistema educativo, merece ser considerado o fundador do novo sistema educativo francés republicano-burgués, regulado polas chamadas Leis Ferry e baseado no ensino primario gratuíto, laico e obrigatorio. O aspecto máis conflitivo deste novo sistema foi o laicismo que afectaba tanto aos planos de estudios coma aos profesores (persoal laico) nos programas educativos substituíuse o ensino da relixión polo ensino ético e cívico. As Leis Ferry significaron o desbotamento da idea da escola como “unha obra de caridade” e o triunfo da educación como base da integración moral da sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e diplomático. Conde de Fersen e mariscal de Suecia, fillo do conde Fredrik Axel Fersen. En 1779 entrou ao servizo de Francia e foi axuda de campo do conde de Rochambeau na Revolución Americana. Tras converterse en favorito da Raíña María Antonieta volveu a Suecia (1784), desde onde organizou a fuxida do Luís XVI e María Antonieta. En 1809, trala Revolución Sueca, forzou o Rei Gustavo IV a abdicar, polo que foi acusado de traizón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que fertiliza.
-
Substancia orgánica ou química que serve para aumentar a fertilidade dun solo.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Considerado o fundador da chamada escola polifónica romana, deixou gran número de obras sacras e profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
-
PERSOEIRO
Relixioso, filósofo e historiador. Formado en linguas clásicas, estudiou na École Française de Roma (1921) e de Atenas (1922), antes de ordenarse dominicano en 1924. Das súas obras destacan L’Idéal religieux des Grecs et l’Évangile (O ideal relixioso dos gregos e o Evanxeo, 1932), Le Monde gréco-romain au temps de Notre-Seigneur (O mundo grecorromano nos tempos do Noso Señor, 1935) e La Révélation d’Hermès Trismégiste (A revelación de Hermes Trismexisto, 1944-1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Inscrito na corrente da arte pola arte, os seus versos foron musicados por Rimskij Korsakov e Rakhmaninov. Tradutor dos clásicos gregos e latinos, influíu sobre o simbolismo ruso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Estudiou en París con Boieldieu e Querubini. En 1827 fundou a Revue Musicale e entre 1833 e 1871 dirixiu o conservatorio de Bruxelas. Da súa produción destaca Biographie universelle des musiciens (Biografía universal dos músicos) e Histoire générale de la musique (Historia xeral da música).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á relación entre o tamaño da pelve da femia e o feto que porta, importante para o momento do parto.
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1933 exiliouse a Francia e en 1941 instalouse nos EE UU. Escribiu novelas históricas e sobre temas políticos. Da súa produción destaca Jud Süss (O xudeu Süss, 1926), Erfolg (Éxito, 1930), Die Geschwister Oppenheim (Os irmáns Oppenheim, 1934) e Goya oder der Weg der Erkenntnis (Goya ou o camiño do coñecemento, 1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Formouse en Düsseldorf, Múnic e París. Descubriu a Il Veronese en Venecia. Pintou retratos, influenciado pola pintura italiana do s XVI, e grandes composicións mitolóxicas. Das súas obras destaca O banquete (1869), baseado no diálogo de Platón. Escribiu a súa autobiografía baixo o título Ein Vermächtnis (Un testamento).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán, pai de Anselm von Feuerbach. Foi profesor de filoloxía na Universidade de Friburgo. A súa obra máis destacada é Der vaticanische Apollo: eine reihe archäologisch-ästhetischer Betrachtungen (O Apolo do Vaticano, 1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo materialista alemán. Estudiou teoloxía en Heidelberg e filosofía en Berlín xunto a G. W. F. Hegel (1824-1826). Membro destacado da esquerda hegeliana, argumentou contra a inmortalidade persoal e a transcendencia de Deus. Propuxo un humanismo naturalista no que a filosofía era ciencia da realidade na súa verdade e totalidade; e no que as ciencias especializadas eran aspectos abstractos do ser humano completo e, polo tanto, o home era o centro do mundo. Anos despois, o seu pensamento evolucionou cara ao materialismo fisiolóxico, aínda que sen desfacerse dalgunha das influencias do idealismo hegeliano, e utilizou a antropoloxía contra a relixión; o home crea a Deus á súa imaxe e semellanza e non ao revés. Mediante esta crítica da relixión, que conduce ao ateísmo, explicou a produción do mundo divino desde a realidade material e inverteu a tese hegeliana. Entre as súas obras destacan Gedanken über Tod und Unsterblichkeit (Pensamentos sobre morte e inmortalidade, 1830) ou Grundsätze...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade francesa da época da Revolución formada pola á moderada do club dos xacobinos, que tomou o seu nome do convento dos feuillants (orde cisterciense orixinaria da abadía de Feuillant, Gascoña), onde tiñan a súa sede. Defenderon a Constitución de 1791 e a monarquía.
-
PERSOEIRO
Físico. Pertenceu ao departamento atómico da Universidade de Princeton (1942-1943), colaborou nas investigacións do laboratorio nuclear en Los Alamos (1943-1945) e contribuíu ao desenvolvemento da bomba atómica. Expuxo unha teoría sobre a desintegración beta. En 1965 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con J. S. Schwinger e S. Tomonaga, polos seus traballos sobre electrodinámica.
VER O DETALLE DO TERMO