Ferry, Jules-François-Camille

Ferry, Jules-François-Camille

Político francés. Deputado republicano (1869), formou parte do gabinete de Defensa Nacional, foi alcalde de París (1870) e embaixador en Atenas (1872-1873), ministro de Instrución Pública e de Belas Artes (1879-1883), presidente do consello (1880-1881; 1883-1885) e ministro de Asuntos Exteriores (1883-1885). Polas súas decisións políticas de reforma do sistema educativo, merece ser considerado o fundador do novo sistema educativo francés republicano-burgués, regulado polas chamadas Leis Ferry e baseado no ensino primario gratuíto, laico e obrigatorio. O aspecto máis conflitivo deste novo sistema foi o laicismo que afectaba tanto aos planos de estudios coma aos profesores (persoal laico) nos programas educativos substituíuse o ensino da relixión polo ensino ético e cívico. As Leis Ferry significaron o desbotamento da idea da escola como “unha obra de caridade” e o triunfo da educación como base da integración moral da sociedade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Dié, Lorena

  • Deceso

    Lugar : París