"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Cofundador da Orde da Santísima Trindade para o rescate de cativos cristiáns en mans dos musulmáns (1198). Difundiu a orde por Italia e Francia, administrou a casa nai e a provincia francesa. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (269-274). Combateu o maniqueísmo e afirmou o dobre carácter, humano e divino, e as dúas naturezas distintas de Xesucristo nunha única persoa. Destituíu o bispo de Antioquía Paulo de Samósata. Sufriu a persecución de Aureliano. A súa festa celébrase o 30 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (526-530). Imposto polo Rei Teodorico, foi aceptado polos clérigos romanos. Mantivo boas relacións coa rexente Amalasunta e conseguiu impoñer a potestade do bispo de Roma fronte aos tribunais civís nos enfrontamentos entre clérigos e laicos. Condenou o semipelaxianismo e, polo Edito de Símaco (529), designou como o seu sucesor o arcediácono Bonifacio. A súa festividade celébrase o 24 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV) Apóstolo de Girona. Prendérono mentres facía proselitismo en Empúries e sometérono a varios tormentos: azoutárono, arrastrárono, botárono á auga cunha roda de muíño atada ao pescozo, ata que finalmente foi esnaquizado con garfos ata morrer desangrado. En Santiago de Compostela hai algunhas reliquias dos dous irmáns conseguidas polo bispo Diego Xelmírez. É dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). A súa festividade celébrase o 1 de agosto.
-
PERSOEIRO
Físico. En 1842 conseguiu imaxes impresas a partir de daguerrotipos. Traballou con J. B. C. Foucault no campo da óptica e fixo a primeira medición da velocidade da luz no aire. Probou que o efecto Doppler se pode utilizar para medir a velocidade radial das estrelas. Estudiou tamén a dilatación dos cristais e a polarización da luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de flagrante.
-
-
Feito evidente e innegable.
-
Acto ou acontecemento que se está a executar no momento no que se fala del, xeralmente un delito.
-
Que arde facendo chama.
-
-
-
Que presenta un aspecto brillante e lucido, xeralmente por ser ou parecer novo.
-
Que é novo ou recente, especialmente nunha actividade ou cargo.
-
Aplícase aos paos, faixas, bandas ou pezas similares cando son ondeados e terminan en punta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Hervieuse de Basan de Flamenville.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que flamexa.
-
PERSOEIRO
Humanista e poeta italiano. Participou no Concilio de Trento e propugnou unha reforma eclesiástica dentro da liña ortodoxa. Publicou poesía amorosa como Lusus pastorales (Xogos pastorais), publicados en Carmina quinque illustrium poetarum (1552), de inspiración bíblica, como Paraphrasis in triginta Psalmos (1546), e relixiosa, como De rebus divinis carmina (1551).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Preparación reposteira feita con ovo leite e azucre. O resultado da mestura destes ingredientes cócese ata que adquire certa consistencia.
-
Alimento ou calquera outra cousa con forma de flan.
-
-
PERSOEIRO
Actriz e directora de escena estadounidense. Deseñou e desenvolveu un dos primeiros proxectos de descentralización teatral, coñecido como Federal Theatre Project, durante a presidencia de Franklin D. Roosvelt. Cunha sólida formación académica, dedicou unha boa parte da súa vida ao ensino da arte dramática en institucións como o Vassar College e o Smith College, ou a escribir ensaios sobre política teatral como o titulado Arena (1940), no que recolle as súas experiencias á fronte do teatro federal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo dun animal.
-
-
Cada unha das partes laterais dunha cousa.
-
Parte dun dobramento a cada un dos lados da bisagra.
-
Cada un dos puntos, dereito ou esquerdo, situados no costado do escudo.
-
Cada un dos espacios laterais contiguos aos bordos do costado dun escudo.
-
Cada un dos costados ou bordos dunha nave.
-
Parte lateral dunha formación militar.
-
Superficie lateral do dente dunha engrenaxe.
-
-
Parte principal da subida ou da baixada dun impulso. Pode servir para a activación dun circuíto flip-flop.
-
...
-
-
REXIÓNS
Rexión de Europa que comprende o litoral do extremo sudoccidental do mar do Norte, desde o paso de Calais ata a beira dereita do delta do Escalda; limitado ao S polos outeiros do Artois, que o separan da conca de París, constitúe o extremo occidental da chaira do N de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Corresponde a unha terceira parte do departamento francés de Nord, as dúas provincias belgas de Flandres Occidental e Flandres Oriental e o sector continental da Zelanda neerlandesa. Fisicamente distínguese o Flandres marítimo ou occidental e o Flandres interior ou oriental. O primeiro é unha chaira moi baixa, formada por unha capa de arxila de orixe marítima, desecada por canais e moi fértil; é a rexión dos pólderes. Dunha altura non superior a 5 m, grazas aos diques e ás dunas litorais, resgárdase dos azoutes do mar e das mareas. Dunha gran horizontalidade, abundan as pequenas explotacións agropecuarias. A costa, de recente formación, está constituída por un cordón de dunas,... -
REXIÓNS
Rexión de Bélxica (13.521 km2; 5.926.838 h [estim 1998]), unha das dúas nas que se divide o país, que inclúe as provincias de Anveres, Brabante Flamengo, Flandres Occidental, Flandres Oriental e Limburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica (3.144 km2; 1.127.091 h [estim 1998]). A súa capital é Bruxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica (2.982 km2; 1.359.702 h [estim 1998]). A súa capital é Gante.
-
TERRITORIOS
Territorio histórico xerme da rexión de Flandres. Balduíno I Brazo de Ferro fundou a primeira dinastía de condes a mediados do s IX e o seu fillo Balduíno II o Calvo, foi o primeiro conde independente. Os seus sucesores estendéronse sobre os condados de Zelanda (1006) e Aalst (1033), e produciuse un importante desenvolvemento económico. A cuarta dinastía, iniciada por Teodorico I o de Alsacia, perdeu os condados de Artois (1191) e Vermandois (1214). Durante a quinta dinastía sucedéronse a partir do 1279 as disputas entre os fillos dos dous matrimonios da condesa Margarida II a Negra pola súa herdanza. O monarca francés Luís XI repartiu o territorio e outorgoulles Flandres aos Dampierre e Hainaut aos Avesnes. Na sexta dinastía produciuse a invasión dos franceses (1300) que provocou a sublevación dos flamengos e, trala vitoria en Courtrai (1302), conseguiron a independencia dos franceses polo Tratado de Athis-sur-Orge (1305)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe flamenga, traballou para Isabel a Católica (1496-1504), para a que fixo o Políptico de Isabel a Católica, onde mesturou as cores e as tipoloxías humanas flamengas cos escenarios arquitectónicos renacentistas. Traballou en Salamanca e en 1509 contratou o retablo maior da catedral de Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO