Flaminio, Marco Antonio

Flaminio, Marco Antonio

Humanista e poeta italiano. Participou no Concilio de Trento e propugnou unha reforma eclesiástica dentro da liña ortodoxa. Publicou poesía amorosa como Lusus pastorales (Xogos pastorais), publicados en Carmina quinque illustrium poetarum (1552), de inspiración bíblica, como Paraphrasis in triginta Psalmos (1546), e relixiosa, como De rebus divinis carmina (1551).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Serravalle, actual Vittorio Veneto

  • Deceso

    Lugar : Roma