"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Palas de Rei, na que destaca a portada occidental, presenta dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre as xambas e no arco exterior aparece un zigzag que chega a formar pequenos dentes de engrenaxe. Conserva tamén a porta meridional, co lintel de lados escaleirados e unha colección de canzorros de proa baixo o beiril do mesmo lado. Esta igrexa está datada a finais do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardorrománica dunha nave, cunha capela acaroada a cada lado, e cunha ábsida con columnas de basas e capiteis xa góticos que está situada na Irixoa. Rematando unha porta que conecta unha capela coa sancristía, aparece un tímpano semicircular adornado cun cuadrúpede de perfil que sostén cunha das patas flexionadas unha cruz de gran tamaño, cos brazos iguais e extremos ensanchados. Está flanqueado por un disco sen decoración e por dúas circunferencias sogueadas. É unha recreación dos tímpanos ornados cun Agnus Dei, e a súa cronoloxía sitúase arredor do 1225-1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República proclamada polos milaneses á morte de Filippo Maria Visconti (1447) para se defender dos venecianos. O condottiero Francesco Sforza suprimiu a República e proclamouse Duque (1450), malia a oposición da poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a santo Ambrosio.

    2. Dise da cidade de Milán ou dos seus habitantes.

    3. Relativo ou pertencente á liturxia da Igrexa de Milán; na súa formación tomou parte santo Ambrosio. O rito ambrosiano, que contén elementos semellantes á liturxia de Roma e á da Galia, é un dos poucos rituais católicos non romanos que subsisten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nobre familia, foi funcionario do Imperio Romano e gobernador de Milán. A súa elección como bispo tivo lugar por aclamación popular, sendo aínda catecúmeno. A lenda di que na asemblea de fieis un meniño berrou: “Ambrosio, bispo!”, o que se interpretou como voz divina. No prazo dunha semana bautizárono, ordenárono sacerdote e consagrárono Bispo. Aprendeu grego e entregouse ao estudo da teoloxía; é un dos catro doutores da Igrexa Latina. No 387 bautizou o que habería ser santo Agostiño. Interveu activamente na defensa dos bispos católicos contra os candidatos arrianos e enfrontouse ao Emperador, cando este tentou subtraerlle aos arrianos as dúas basílicas milanesas máis grandes. Tempo despois, cando o Emperador Teodosio ordenou a matanza dos habitantes de Tesalónica, alporizados contra o prefecto, impúxolle unha penitencia pública e no ano 390 prohibiulle a entrada no templo de Milán ata que non demostrase a súa inocencia naquelas masacres. A Lenda Dourada de Jacopo de Voragine recolle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico teatral húngaro. Creou unha narrativa de gran sensibilidade psicolóxica, influída pola literatura francesa. Sobresae a novela Midás király (O Rei Midas). Como crítico teatral defendeu o “bo gusto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ehículo (automóbil, vagón de tren, helicóptero, etc) debidamente equipado para o transporte de feridos e doentes.

    2. Equipo hospitalario ambulante destinado a prestar primeiros auxilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vai dun lugar para outro ou non se desenvolve nun sitio fixo de seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de artistas rusos, relacionados co círculo estético-intelectual de Abramcevo, que desenvolveu a súa actividade entre 1870 e 1890. Os representantes máis importantes do grupo foron I. I. Repin, V. I. Surikov e V.V. Vereščagin. Revitalizaron e popularizaron a arte rusa nun intento de reflectiren as inquedanzas da vida cotiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa para suxeitar o coiro que leva o mazo do maial no extremo do mango ao que vai unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou provoca unha ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ameba.

    2. Causado por amebas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘purrela, viño ruín’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago frisio, baixo a administración da provincia de Frisia, Países Baixos, separada de terra firme polo Waddenzee. As principais poboacións e centros de turismo son: Hollum e Nes op Ameland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista italiano. Colaborou con G. Papini, con quen fundou e dirixiu L’ Anima (1911). Despois do asasinato de G. Matteotti (1924) foi un dos protagonistas da retirada do parlamento dos deputados hostís ao fascismo. Víctima dun atentado, non se recuperou. Morreu no exilio. Publicou, entre outras, La democrazia italiana dopo il 16 Aprile 1924 e La democrazia italiana contro il fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estudiou en París e estableceuse en Basilea (1475-1480), onde traballou asociado aos seus tres fillos. Relacionouse cos humanistas e editou por primeira vez as obras de Agostiño de Hipona (1506). Foi un dos primeiros en empregar os caracteres latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Carlos Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial, de radio e televisión norteamericana. Fundada no ano 1943, é unha das canles privadas máis importantes dos EE UU. En 1985 foi adquirida por Capital Cities e en xullo de 1995 adquiriuna a compañía Disney. A súa central está na cidade de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO