"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor na Escola de Arquitectura de Madrid, mantén unha relación continuada coa arquitectura galega. Iniciou a súa actividade profesional en Catalunya nos anos setenta: casa Ibarz (Girona 1972), vila Jane (Girona 1975), vila Durán (Barcelona, 1976), vila Esplugues (Barcelona, 1972). Participou co grupo de arquitectos cataláns que promoveron a revista 2C Construción de la ciudad. Na década dos oitenta instalouse en Madrid, onde alternou a tarefa docente e construtiva (Casa azul de Berrocal Matalpino, Madrid). Ata 1995 non construíu nada en Galicia, en concreto fai a reforma da xoiería Noroeste de Santiago de Compostela. Ten publicado diversos traballos de divulgación ou reflexión sobre a Arquitectura, entre os que salientan: La arquitectura del humo (1994) e De la literatura al arte, recuerdos para una biografía (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad Complutense de Madrid, en ambos casos con premio extraordinario. É profesor emérito da cátedra de Dereito Civil da Facultade de Dereito do Centro Universitario Luis Vives (CEU). Entre 1956 e 1957 foi profesor de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela, onde fundou un Seminario de Dereito Civil Galego. Ampliou estudios nas universidades de Roma (1952), París (1954) e Bonn (1953-1957). En 1957 ingresou no Cuerpo de Investigadores Científicos do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Instituto Nacional de Estudios Jurídicos, en 1971 foi profesor de investigación e director do centro ata 1989. Foi secretario xeral do Istituto Giuridico Spagnolo di Roma (1964-1967), membro da Association Henri Capitant de París (1969), da International Law Association de Londres (1974), da European Science Foundation de Estrasburgo e do Internationales Institut für Rechts-und Vermaltungssprache...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, coñecido como Joan de Paredes. Foi mestre de capela de Las Descalzas Reales, en Madrid (1691-1705), e desde 1706 na Catedral de Toledo. Compuxo música de igrexa e publicou un escrito sobre a Prevención de la ligadura (1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fillo de Lluis Bonet i Garí. Titulado en Barcelona (1949), actualizou as teorías de Antonio Gaudí nalgunhas das súas obras: igrexas de Vinyoles d’Orís, Osona (1955) e Sant Medir, Barcelona (1960). Realizou o edificio Ascondel e a escola Sant Gregori en Barcelona. Foi membro do equipo Ars Sacra (1962). Exerceu como director xeral do Patrimonio Artístico da Generalitat de Catalunya (1981-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Massià, Toldrà e N. Boulanger. É director da École Normale de Musique de París. Escribiu música relixiosa, orquestral, de cámara e para piano, obras corais, cancións e La pell de brau (A pel do touro, 1967), sobre poemas de Salvador Espriu. Tamén publicou Tractat de solfeig (Tratado de solfexo, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Traballou no taller de Josep L. Sert e Josep Torres Clavé. En 1935 colaborou no deseño de mobles, que obtiveron o primeiro premio do Salón de Decoración de Barcelona e como membro do GATCPAC na elaboración do plano de urbanización de Barcelona. Interveu tamén na construción do pavillón de España da Exposición Internacional de París (1937). En 1956-1957 fixo un proxecto de remodelación da zona sur do centro de Bos Aires. En Barcelona dirixiu obras como o Canódromo Meridiana (Premio FAD 1963) e en Madrid a construción do Tribunal Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. As súas primeiras coleccións de versos, Quatre poemes de Setmana Santa (Catro poemas de Semana Santa, 1950) e Entre el coral i l’espiga (Entre o coral e a espiga, 1952), poñen de manifesto a influencia da Xeración de 1927. Publicou: Comèdia (Comedia, 1954), El jove (O máis novo, Premio Nacional de Literatura 1988) e La motivació i el film (1990), entre outras obras. Recibiu a Cruz de Sant Jordi en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, irmán de Joaquim Bonet i Vinyals. Foi profesor e director da Escola de Nàutica de Barcelona. Publicou, en colaboración con Ezequiel Calvet, as Tablas de Logaritmos Españoles. Publicou tamén, con Joan Dey, unhas Tablas de declinaciones del Sol y ecuaciones del tiempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autora e intérprete vocal. Entrou a formar parte de Els Setze Jutges e incorporou á Nova Cançó cantos tradicionais das Illes Balears, xunto a versións catalanas de autores franceses e obras propias sobre letras de poetas (B. Rosselló-Pòrcel, J. Alcover e V. Andrés Estellés, entre outros). Experimentou con formas musicais doutros ámbitos culturais mediterráneos (Andalucía, Tunisia, etc). Entre a súa discografía cómpre destacar Alenar (Alentar, 1977), Jardí tancat (Xardín pechado, 1981), Cançons de la nostra terra (Cancións da nosa terra; en colaboración con Al Tall, 1982), Breviari d’amor (Breviario de amor, 1982) e Anells d’aigua (Aneis de auga, 1985). Foi galardoada co Gran Premio Internacional da Canción, outorgado pola Academia Charlie Cross de París (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gorro redondo de tea ou de punto, flexible e sen á.

    2. Sombreiro pequeno de catro picos utilizado antigamente por graduados e que, co tempo, pasou a ser empregado por eclesiásticos e seminaristas.

    3. Segundo compartimento do estómago dos ruminantes.

    4. Galo sen crista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai ou vende bonetes.

    2. Árbore ou arbusto asiático do xénero Euoymus, da familia das celastráceas, de ata 6 m de altura, de follas opostas, ovadas e de marxes crenadas ou serradas, de flores tetrámeras brancas e froitos capsulares vermellos. Distínguense dúas especies: E. europaeus, de folla caduca, e E. japonicus, de folla perenne, que se atopa de forma cultivada en xardíns galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (8.099 km2; 268.100 h [estim 1986]). A súa capital é Gbarnga (10.860 h [estim 1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antílope de cornos lisos e curvados cara a arriba e atrás. Ten o pelame de cor rubia con riscos brancos nos flancos. Vive en bosques de África occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas africanas da familia nilo-sahariana e do grupo sudánico-central. Nesta familia inclúense o bongo e o morocodo, faladas ambas as dúas en Sudán por unhas 2.500 e unhas 5.000 persoas, respectivamente. A terceira e última lingua que se inclúe dentro deste grupo é o sara que se fala no Chad (750.000 falantes) e na República Centroafricana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de percusión, moi popular en Cuba, de orixe posiblemente afrocubana, formado por dous pequenos tambores fixados un ao outro; normalmente se coloca entre os xeonllos e se toca golpeando cos dedos ou coas palmas das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político gabonés. Ocupou diversos cargos oficiais durante o mandato de L. Mbae e sucedeuno na Presidencia do estado en 1967. En 1968 fundou o Parti Démocratique Gabonais, do que se autonomeou presidente, e implantou un réxime autoritario e moi vencellado con Occidente, especialmente con Francia. En 1990 aceptou introducir unha constitución multipartidista, e nas eleccións lexislativas dese ano o seu partido mantivo a maioría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (5.570 km2; 224.958 h [1988]). A súa capital é Bongouanou (15.459 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e escultora francesa, coñecida como Rosa Bonheur. Formouse co seu pai, Raymond Bonheur, e con León Cogniet en París. En 1849 fíxose cargo da escola do seu pai. Dende 1841 participou nos Salóns de Pintura, onde obtivo a medalla de ouro nos anos 1848 e 1855. Destacou pola realización de cadros de animais: A feira dos cabalos (1853-1855) e O destete dos xatos (1877). Foi a primeira muller en recibir a Gran Cruz da Lexión Francesa en 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Asociouse á Bekennende Kirche en contraposición aos Deutsche Christien, de inspiración nazi, e desde 1935 dirixiu o seminario de Finkenwalde. A pesar da persecución da que foi obxecto, desestimou as posibilidades que lle ofrecía EE UU, e permaneceu en Alemaña. Tomou parte nos movementos de resistencia, feito que o levou a prisión en 1943, e á morte, no campo de concentración de Flossenbürg en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO