Bonet Correa, José

Bonet Correa, José

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad Complutense de Madrid, en ambos casos con premio extraordinario. É profesor emérito da cátedra de Dereito Civil da Facultade de Dereito do Centro Universitario Luis Vives (CEU). Entre 1956 e 1957 foi profesor de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela, onde fundou un Seminario de Dereito Civil Galego. Ampliou estudios nas universidades de Roma (1952), París (1954) e Bonn (1953-1957). En 1957 ingresou no Cuerpo de Investigadores Científicos do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Instituto Nacional de Estudios Jurídicos, en 1971 foi profesor de investigación e director do centro ata 1989. Foi secretario xeral do Istituto Giuridico Spagnolo di Roma (1964-1967), membro da Association Henri Capitant de París (1969), da International Law Association de Londres (1974), da European Science Foundation de Estrasburgo e do Internationales Institut für Rechts-und Vermaltungssprache de Berlín, do que foi vicepresidente. Recibiu o Premio Castón Tobeñas da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (1962) pola obra La responsabilidad en el Derecho aéreo (1963) e o Premio do Instituto Nacional de Estudios Turísticos (1964) polo estudo Legislación turística comparada y su evolución actual (1965). Foi tamén galardoado coa medalla aos 25 anos de servizo do CSIC. É académico correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. É autor, entre outras, das seguintes obras: Exposición sintética del Derecho de Arrendamiento (1952), El control de cambio y las obligaciones monetarias (1967) e Las deudas del dinero (1981), ademais de numerosos artigos en revistas especializadas como Anuario de Derecho Civil, Anuario de Historia del Derecho Español, Bolletino Informativo dell’Istituto Giuridico ou Il Diritto Aereo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña