"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
-
Relativo ou pertencente ao estómago.
-
Aplícase á substancia que favorece a acción dixestiva e é adecuada para combater a dispepsia.
-
-
-
Porción máis dilatada do tubo dixestivo, onde ten lugar a quimificación dos alimentos. Nos vertebrados, o estómago foi primeiramente un órgano para almacenar os alimentos. Despois, coa aparición das glándulas secretoras de enzimas dixestivos e a secreción do ácido clorhídrico, adquiriu unha misión dixestiva, aínda que non está presente en todos os vertebrados (os anfibios, os ciclostomos, os peixes pulmonados e algúns teleósteos non o teñen); naqueles que o presentan, pode ser de morfoloxía externa moi variada, desde unha simple forma de J ou de saco, ata a gran complicación en compartimentos que presentan os ruminantes. Na maioría dos peixes é moi pouco diferente do esófago, reducíndose a unha simple dilatación deste. Nos réptiles adoita ser alongado, seguindo a forma do corpo. Nas aves, pola falta de dentes, está dividido en dúas cavidades: unha glandular e fina, denominada proventrículo, e outra con paredes musculosas moi grosas e cun epitelio interno cornificado denominado moega, que...
-
Parte exterior do abdome que se corresponde coa situación do órgano do estómago.
-
Capacidade para aturar ou soportar cousas desagradables.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘boca’, ‘abertura’.
-
-
-
Relativo ou pertencente á boca.
-
Aplícase ao medicamento que combate as doenzas da boca.
-
-
Relativo ou pertencente ao estoma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da mucosa bucal que pode ser debida a unha infección por xermes, unha exposición a substancias químicas, un déficit vitamínico ou a enfermidades inflamatorias xeneralizadas. A máis común é a estomatite herpética aguda, causada polo virus Herpes simplex. Transmítese a través da saliva e pasa un período previo con febre alta e malestar xeral. Despois dun ou dous días aparecen as lesións no interior da boca, con arrubiamento, en forma de pequenas vesículas que rompen rapidamente e forman pequenas úlceras ou aftas. A enfermidade dura ao redor de sete días. O 90% dos adultos teñen anticorpos contra este virus, feito que indica que nalgún momento tiveron a enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estomat(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en estomatoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estudia a anatomía, fisioloxía e patoloxía da boca e das súas estruturas, como dentes, lingua, beizos, maxilares, músculos ou glándulas salivares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estomatoloxía.
-
-
Relativo ou pertencente aos estomatópodos.
-
Crustáceo da orde dos estomatópodos.
-
Orde de crustáceos mariños, da clase dos malacostráceos, de cefalotórax curto, con grandes ollos móbiles e catro pares de patas, das que o primeiro par está transformado en garras raptoras provistas de aguillóns espiñentos. Amais de apresar con estas patas, tamén poden golpear con gran forza e romper as cunchas das presas ou dos inimigos. Os ollos, uns dos máis complexos dos invertebrados, contan con 16 pigmentos visuais, feito que lles outorga un campo espectral que vai dende o ultravioleta ao vermello, amais de poder distinguir distintas polarizacións da luz. Empregan esta facultade nas exhibicións intraespecíficas en que interveñen sinais complexos; tamén poden precisar con exactitude as distancias, feito que resulta de grande axuda á hora de realizar as capturas. Viven en tobos que fabrican en substratos lamacentos. Nas costas da Península Ibérica esta orde está representada por 8 xéneros e 9 especies: Allosquilla africana, Nannosquilloides occultus, Platysquilla eusebia, Platysquilloides...
-
-
-
-
Deixarse caer alguén sobre algo por mor do cansazo ou do desánimo.
-
Deitarse ou sentar comodamente.
-
-
Quedar rendido ou canso por camiñar moito.
-
Tirarse un animal ou persoa ao chan, dando voltas e refregándose nel.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos estomiátidos.
-
Peixe da familia dos estomiátidos.
-
Familia de peixes abisais, de ata 25 cm de lonxitude, co corpo de cor escura e reflexos azul prateados, serpentiforme, comprimido lateralmente e recuberto de escamas delgadas poligonais, cada unha delas con fotóforos. Presentan barbelas con órganos luminosos no extremo. Teñen dentes de gran tamaño e algunhas especies poden abrir a boca de xeito especial ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral, grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto na gran profundidade en que adoitan vivir. Realizan migracións verticais ao longo do día e algunhas especies ascenden preto da superficie durante a noite. Estes movementos varían dependendo da estación do ano ou da idade dos animais. Algunhas especies presentan estruturas complexas de emisión de luz formadas como unha lanterna -con pantalla negra, lente e un reflector prateado-. No Océano Atlántico, ata os 63° N, está presente...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hemicordado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción inicial e cefálica do tracto dixestivo dos metazoos celomados, que está revestida de ectoderma pluriestratificado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de toxo que aínda non apodrentou.
-
-
Quitar a tona a algo.
-
Retirar da corte a capa de toxo que aínda non apodrentou.
-
Caer a parte máis superficial da pel.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Oriental que limita ao N co golfo de Finlandia, ao L con Rusia, ao S con Letonia e ao O con Mar Báltico. Tamén pertencen a Estonia unhas 1.500 illas, entre as que destacan, polo seu tamaño, Saaremaa e Hiiumaa ao O, fronte ao golfo de Riga (45.227 km2; 1.376.700 h [estim 2000]). Esténdese entre os 58° e 60° de latitude N e os 22° e 28° de lonxitude L. A capital é Tallinn.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Estonia está formada na súa maior parte por unha gran chaira, cunha altitude media de 50 m. O seu cumio máis elevado, o Nunamägi, situado no SL do país, só acada os 318 m de altitude sobre o nivel do mar. O 20% do seu territorio está cuberto por zonas pantanosas. Tamén son importantes os lagos que cobren un 5% da superficie do país, principalmente o Peipus, ao L, que establece a fronteira con Rusia. A rede hidrográfica articúlase a partir dos ríos Narva (que desemboca no lago Peipus), o Pärnu... -
-
-
Relativo ou pertencente a Estonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Estonia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo estoniano.
-
Individuo do pobo estoniano.
-
Pobo da familia finougria, vinculado cultural e lingüisticamente cos fineses do N, que se estableceu na rexión oriental do Mar Báltico ao redor do 4000 a C.
-
-
Lingua que pertence á familia lingüística finougria (grupo baltofinés) do phylum urálico, que se fala principalmente en Estonia e en diversas colonias establecidas ao leste do lago Peipus, en Crimea, na rexión de Samara (Rusia), no Cáucaso, Siberia, Letonia e nos EE UU. Tense documentación dispersa desde principios do s XIII, e o primeiro texto escrito totalmente en estoniano, un catecismo bilingüe alemán-estoniano, é do 1535. Os primeiros textos son relixiosos. En 1637 Pastor H. Stahl publicou a primeira gramática do estoniano, escrita en alemán e baseada no dialecto do norte, destinada ao uso relixioso. En 1648, Pater J. Gutslaff publicou a obra Observationes Grammaticae circa Linguam Esthonicam, que inclúe tamén un dicionario alemán-latín-estoniano, baseada no dialecto do sur. En 1739 traduciuse a Biblia. Ten dous dialectos bastante diferenciados: o setentrional e o meridional. O estoniano estándar, que triunfou no primeiro terzo do s XX, baséase na variante...
-
Arte desenvolvida en Estonia. Caracterízase pola fusión de diferentes elementos, entre outros, alemáns, rusos, suecos e dinamarqueses. As primeiras construcións datan dos ss X-XII. A partir do s XIII a arte desenvolveuse seguindo os modelos occidentais. O centro histórico de Tallinn foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1997. En Tartu destacan as ruínas da catedral do s XIII e a igrexa de San Xoán (ss XIII-XIV); e en Pärnu, as casas tradicionais de madeira con dúas plantas e a Torre Vermella, que pertenceu ás murallas de s XV. Do s XIV cómpre destacar os castelos de Tallinn, Narva e Kingissep, e as fortificacións e a catedral de Tallinn. Da época renacentista destaca a fachada da casa dos Xefes Negros en Tallinn, obra de A. Passer (1597). No eido da escultura destacaron, entre outros, E. Thiele, autor de diversas obras na casa do concello de Tallinn (1674), e C. H. Ackermann, autor do altar da catedral de Tallinn (1696), segundo o deseño do sueco N. Tessin fillo. No s XVIII...
-
As primeiras mostras de cantos populares estonianos publicounas Robert Fählmann antes de 1850. Posteriormente, cómpre destacar a epopea nacional Kalevipoeg (Fillo de Kalevi), da autoría de F. R. Kreutzwald. Entre 1905 e 1915 desenvolveuse o movemento Noor Eesti, burgués e nacionalista, adherido ao decadentismo e ao simbolismo (Gustav Suits, F. Tuglas, Ernst Enno). En 1917 fundouse a revista Siuru, aberta ás vangardas e ás cuestións sociais, que contou con colaboracións de Marie Under e Artur Adson; en 1921 creouse o grupo expresionista Tarapita, que coexistiu co realismo, representado especialmente pola obra de Anton Tammsaare; e a partir de 1930 sobresaíu Mait Metsanurk. Despois da Segunda Guerra Mundial, algúns intelectuais emigraron, sobre todo a Suecia e Canadá (Bernard Kangro). Na poesía destacaron Lydia Koidula, Johann Liiv e, en xeracións posteriores, Juhan Smuul e Debora Vaarandi. Así mesmo, cómpre salientar a obra de Osvald Müür, Ilmar Sikemäe e Paul Viiding.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estoniano.
-
-
Parte basta e máis ordinaria que queda ao pasar o liño ou o cánabo polo restrelo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A estopa onda o lume, acéndea o demo. O lume a carón da estopa, vén o diaño e sopra. Máis vale estopa de marzo que febra de maio. O home é lume, a muller é estopa; vén o demo e sopra. O liño e a estopa, á sombra. Quen ten cu de estopa sempre pensa que llo queiman”.
-
Material téxtil que se obtén despois de fiar as fibras de peor calidade do liño. Na tradición oral recóllese o dito: “A estopa, como é fiada; a moza, como é criada”.
-
Conxunto de fíos que quedan despois de restrelar o liño ou ao se desfacer as cordas, e que se usan, entre outros fins, para calafatear ou limpar as embarcacións. Na tradición oral recóllese o dito: “Non abondan estopas para tapar tantas bocas”.
-