"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • Termo que designa, segundo os autores franceses, a parte somerxida da codia continental que se prolonga alén da liña de costa. Corresponde aos sectores dos fondos mariños que se denominaron plataformas continentais e noiros continentais. OBS: Tamén se denomina marxe continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de preeminente.

    2. Preferencia ou privilexio concedido a alguén sobre outro por mor dos seus méritos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é superior, especialmente en excelencia, rango, posición ou calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Nacionalizado belga, doutorouse na Universidade de Bruxelas en 1941. En 1977 recibiu o Premio Nobel de química polas súas contribucións á termodinámica que o levaron á formulación do teorema do mínimo de produción de entropía, nova contribución ao segundo principio da termodinámica. Tamén destacou no campo da filosofía da ciencia. Entre as súas publicacións destacan Order out of Chaos (1989) e The End of Certainty (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado dunha substancia que forma cristais ou pos cristalinos solubles en auga e alcol. É un vasodilatador periférico de acción semellante á da histamina. OBS: Tamén se denomina tolazolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de prominente.

    2. Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobresae daquilo que o rodea ou do que forma parte.

    2. Que destaca pola súa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concentración de proteínas no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico estadounidense. Entre os seus primeiros traballos destacaron as investigacións sobre hipotermia e sobre o tecido adiposo marrón dunha especie de roedores mediante flourescencia. Pero as investigación máis importantes foron as referidas a enfermidades dexenerativas, tras a morte dunha paciente súa debido a enfermidade dexenerativa de Creutzfeltd-Jakob. Descubriu que esta e outras enfermidades, como a encefalopatía esponxiforme bovina, eran causadas por un axente infeccioso, de caracter proteico, ao que denominou prión (1982). Posterioremente en 1984 deu a coñecer o xene que codificaba esa proteína. En 1997 recibiu o premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos prións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, perennes, bienais ou anuais, da familia das poáceas, coas follas con lígula ovais e estreitas, flores dispostas en inflorescencias en panícula e glumas desiguais lanceoladas ou ovadas. En Galicia dáse en rías e marismas a especie P. maritima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe dramático, orixinario de Nápoles e propio da Commedia dell’arte italiana (Pulcinello), que destaca polo seu carácter fanfarrón e burlón. Vestido de branco e cun gorro agudo, tiña o nariz aquilino e o queixo prominente, ás veces con dúas xibas, unha por diante e outra por detrás, e provisto dun garrote. Posteriormente, pasou ao teatro francés do s XVII e máis tarde ao teatro de monicreques.

    2. Monicreque que se coloca como unha luva. Trátase dun boneco composto de cabeza e brazos enganchados no vestido, dentro do que un actor pon a man para movelo. Para a súa representación, o actor agóchase detrás dun escenario alto, por riba do que saen as figuras. A representación baséase en temas populares e simples, pero tamén hai algunhas obras escritas.

    3. Representación de pulchinelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Beariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 798 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, arqueólogo e crítico da arte. Encargouse da renovación iconográfica da igrexa de Sainte-Geneviève que a transformou no Panthéon. Escribiu Ditionnaire de l’architecture (1792-1825) e Essai sur l’idéal (1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Foi cirurxián maior do exército español, co que realizou viaxes por España, Italia e o N de África. Iniciador e primeiro profesor do Jardín Botánico de Madrid e interesado tamén pola fitoterapia., comezou a publicar en 1762 Flora española ou historia de las plantas que se crían en España, a primeira obra no seu xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz que acompaña a algúns procesos químicos e bioquímicos en que se orixinan moléculas en estado excitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, guionista e realizador cinematográfico. Intérprete de filmes como My sister Eileen (1942) ou Command Decision (1949), colaborou como guionista con Blake Edwards. Sobre todo dirixiu comedias, como Sunny Side of the Street (1951), Bell, Book and Candle (1958), The World of Suzie Wong (1959), Strangers When We Meet (1960) e How to Murder your Wife (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor na Harvard University, estudou a lóxica matemática e a filosofía da lóxica e da ciencia. Escribiu Mathematical Logic (1940), From a Logical Point of View (1953), Word and Object (1960), Pursuit of Truth (1990) e Three Networks: Similarity, Implication, and Membership (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola literaria portuguesa do s XVI formada baixo a influencia do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO