"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que, en forma de clorhidrato, se presenta en forma de pos cristalinos, amarelos e solubles en auga. É máis estable ca as tetraciclinas e emprégase nos mesmos casos.
-
GALICIA
Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado na punta de Toralla, entre as praias do Vao e Canido, fronte á illa de Toralla na parroquia de Oia (Vigo). A punta de Toralla foi cedida a comezos do s XX ao empresario catalán Tomás Mirambell Maristany, que iniciou as escavacións a finais da década de 1920. En 1992 o concello de Vigo recuperou a súa propiedade e desde entón realizáronse novas intervencións arqueolóxicas e o posterior inicio dun proxecto museístico. Trátase dunha vila romana, rural e marítima, datada na época baixoimperial e tardorromana (ss III-IV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Ramón Villar Ponte. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polo dominio do debuxo e pola riqueza das cores empregadas. Cultivou principalmente a temática relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor, irmán de Antón Villar Ponte. Licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid (1916), onde tamén colaborou na prensa. Influído polo seu irmán Antón, adscribiuse ao galeguismo de corte republicano e democrático, e foi el quen ideou a formación das Irmandades da Fala (1916). Participou, ao igual ca o seu irmán, nos mitins e conferencias en que se explicaban as teorías do emerxente nacionalismo galego, tal e como plasmou nas páxinas de A Nosa Terra. Xunto con Xaime Quintanilla organizou a Irmandade da Fala de Ferrol e participou na redacción dos seus boletíns. En 1921 pasou a dirixir El Correo Gallego, daquela instalado en Ferrol, aínda que tivo que dimitir en breve tempo. Nese ano publicou Doctrina nazonalista, que constitúe un dos intentos por sistematizar o proceso do galeguismo nas primeiras décadas do s XX, ligándoo ao republicanismo federal que profesaba e sen rexeitar a influencia doutras ideoloxías políticas. Tamén nese ano participou na fundación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1981) e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987, especializouse en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Ten feito estadías de investigación na Università de Bologna e no centro Alcide Cervi de Roma e foi profesor convidado na École des Hautes Études de París e no Instituto de Ciências Sociais de Lisboa. Director do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo desde 2005, foi decano da facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea e director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1998-2006). Pertence tamén ao Padroado do Museo do Pobo Galego e á Fundación Luis Seoane e en 2005 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. Forma parte do consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e escritor. Foi deputado nas Cortes (1935) pola CEDA. Publicou Égloga de amor (1911), El pájaro negro (1917), Piedras galaya (1918) e La última merced (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Foi membro do gabinete de Valentín Paz Andrade en Vigo, e participou na fundación de La Voz de Vigo (1957), emisora que dirixiu entre 1966 e 1971. Director de Radio Oviedo e Cadena REM, foi director de programas de RNE, director de RNE 1 e director xeral da CRTVG ata 1994. Posteriormente, foi director de gabinete da dirección xeral de RTVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Materia semellante aos produtos cerámicos, obtida polas técnicas do vidro, que resulta da cristalización controlada dunha masa vítrea sometida a tratamentos térmicos axeitados. É máis resistente ca o vidro e a cerámica corrente, e emprégase en diversas aplicacións, como en construción, na industria química ou en electrónica.
-
Cociña eléctrica realizada neste material.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh (India), situada a 20 km da costa do Golfo de Bengala (15.461 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tungstato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
túngstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tungsteno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olframato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)WO4, que aparece en cristais de hábito tubular, en formas laminares, columnares e follosas. É negro con raias pardentas e brillo metálico, de dureza 4-4,5 e densidade 7-7,5. É unha mestura da ferberita e da hubnerita e non é soluble en ácidos. Utilízase para extraer tungsteno, para facer fíos de lámpadas e tamén para a industria armamentística. Existen xacementos en Zamora, Salamanca, Toledo, Murcia e nalgunhas provincias de Andalucía. En Galicia o xacemento máis importante pola produción foi o de Fontao (Vila de Cruces).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla producida o 5 e 6 de xullo de 1809 na chaira de Marchfeld, preto de Wagram (Baixa Austria), entre as tropas de Napoleón e o exército austríaco dirixido polo arquiduque Carlos. Napoleón derrotou os austríacos e o arquiduque Carlos solicitou o armisticio.
-
PERSOEIRO
Crítico de arte. Foi un dos impulsores do vangardismo. Fundou a Gaceta del Arte (1932) e durante a posguerra participou en iniciativas como a escola de Altamira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Considerado un dos grandes poetas épicos, plasmou os ideais do cabaleiro en Parzival (1200-1210). Tamén é autor de Willehalm (1210?) e do poema lírico Titurel, os dous inacabados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tungstato.