Villot Villot, Ramón

Villot Villot, Ramón

Avogado e xornalista. Foi membro do gabinete de Valentín Paz Andrade en Vigo, e participou na fundación de La Voz de Vigo (1957), emisora que dirixiu entre 1966 e 1971. Director de Radio Oviedo e Cadena REM, foi director de programas de RNE, director de RNE 1 e director xeral da CRTVG ata 1994. Posteriormente, foi director de gabinete da dirección xeral de RTVE.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo