"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Acción de flanquear.
-
Técnica que garante a seguridade das tropas en marcha. Consiste en situar un pequeno núcleo de tropa sobre cada un dos accesos á zona da marcha da unidade, denominada flanqueo fixo, ou ben facer marchar pequenos núcleos da tropa en paralelo á marcha da unidade, coñecida como flanqueo móbil.
-
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto romano. Divulgou o texto das Legis actiones e publicou no foro o calendario dos días de administración de xustiza ou dies fasti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Traballou con Lucas van Valckenborch e foi un dos poucos pintores alemáns que se especializou nas naturezas mortas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo francés. Especializouse no estudo do celta na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne. Interesado polo bretón, foi admitido no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) onde realizou a súa tese (1958-1963). Foi catedrático de linguas celtas na Universidade de Rennes (1966) e foi nomeado director de estudios na École Pratique des Hautes Études. Tamén foi director de estudios celtas da CNRS e presidente da revista Études Celtiques. Centrou as súas investigacións, sobre todo, no antigo bretón e no galo. Así, estudiou os manuscritos bretóns do s IX e publicou o seu corpus léxico nun dicionario. Con respecto ao galo e ao celta continental, estaba convencido da semellanza entre o galo e o britónico. Gracias á súa investigación parece probado que, entre as linguas celtas continentais, o galo era o máis próximo ao antepasado das linguas britónicas. Ademais de artigos, publicou Ditionnaire des gloses en vieux-breton (1964), Le Vieux-breton. Eléments...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de florear.
-
-
Dito gracioso que se emprega como alarde de enxeño ou por puro pasatempo.
-
Conversación sen transcendencia.
-
-
ibración ou movemento da punta da espada en esgrima.
-
Ornamento engadido a unha frase musical, en xeral, sen alterar a súa estrutura.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás florideofíceas.
-
Alga da clase das florideofíceas.
-
Clase de algas vermellas á que pertencen aos xéneros Ceramium, Corallina, Chondrus, Gelidium e Gigartina.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e historiador latino. Posiblemente visitou Roma baixo o goberno de Domiciano e retirouse a Hispania. Escribiu un Epitome ou Bellorum Romanorum libri duo, unha obra en dous volumes sobre a historia de Roma dende a súa fundación ata o 25 d C, e probablemente o diálogo Vergilius orator an poeta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Hannover a partir de 1980. Escrita, entre outros, por X. Duarte Seoane, trátase do voceiro do centro galego fundado nesa cidade alemana. Contén información de carácter societario, xunto con artigos sobre a arte, a cultura e as tradicións de Galicia. Incluíu tamén fotografías de actos institucionais e de personaxes galegos, xunto con viñetas humorísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Representante da poesía macarrónica, utilizou o pseudónimo de Merlin Cocai. Publicou as Maccheronee (1517 e 1552) e as súas poesías latinas están recollidas en Varium Poema.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten o aspecto ou a natureza das follas.
-
Que ten estrutura laminar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo comunitario de cooperación financeira creado polo Tratado de Roma (1957) para axudar os países en vías de desenvolvemento mediante subvencións e préstamos especiais. Está administrado pola Comisión que responde da súa xestión ante o Parlamento e o Consello comunitarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que se creou en 1975 para corrixir os desequilibrios rexionais existentes entre as diversas zonas da comunidade, como o predomino agrario, os cambios industriais ou o subemprego. Actuou sobre todo para reconverter as rexións máis atrasadas e zonas industriais en declive.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fondo estrutural comunitario que ten por obxecto aumentar e mellorar as oportunidades de emprego e a mobilidade profesional e xeográfica dos traballadores. Instaurouse tres anos despois do Tratado de Roma.
-
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Proclamou a República Federal en 1889 e asumiu o goberno provisional. Elixido presidente en 1891, renunciou ao cargo dez meses despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador francés. Traballou como arquitecto oficial para Napoleón Bonaparte xunto con C. Percier. Representante do estilo Imperio, entre as súas obras salientan o Arco do Triunfo do Carrousel (1806-1810) e o proxecto da Rue de Rivoli (1805). No eido da restauración, traballou no Louvre, nas Tuilleries e nos palacios de La Malmaison, Fontaineblau e Versailles, entre outros. Para Luís XVIII realizou a Capela Expiatoria (1816-1820) e para Luís Filipe de Orléans a galería de Orléans do Palaïs-Royal (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Foi correspondente na Guerra Franco-prusiana. Publicou, entre outras obras, Gedichte (1851), Wanderungen durch die Mark Brandenburg (1862-1882), Vor dem Sturm (1878), Grete minde (1880), Irrugen, Wirrungen (1888), Frau Jenny Treibel (1892), Effi Briest (1895) e Stechlin (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO