Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola
Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola
Nome científico:
[FEOGA]
Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.