Fondo de Garantía Salarial
Fondo de Garantía Salarial
Nome científico:
[FOGASA]
Órgano autónomo estatal dependente do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que ten como finalidade asegurarlle ao traballador o pagamento, en caso de insolvencia do empresario, de certas cantidades que acredita en concepto de salarios ou de indemnización derivados do contrato de traballo extinguido. Nútrese das cotizacións obrigatorias dos empresarios.