Fondo de Cultura Económica

Fondo de Cultura Económica
Nome científico: [FCE]

Editorial fundada en México o 13 de setembro de 1943 e asociada ao Banco Nacional Hipotecario y de Obras Públicas. Posteriormente, ligouse ao Banco de México e logo ao goberno estatal. As súas dúas primeiras obras foron El dólar de prata (1944), de W. P. Shea, e Karl Marx (1944), de H. J. Laski. Malia que naceu coa pretensión de publicar obras relacionadas coa economía, co tempo ampliou a súa actividade cara ás humanidades e as ciencias sociais. En 1984 celebrou o seu cincuenta aniversario coa publicación de El libro de los seres imaginarios, de J. L. Borges. Con máis de tres mil títulos editados e máis de dúas mil cincocentas reimpresións, a súa tiraxe total supera os trinta e cinco millóns de libros. Edita a revista La Gaceta e colabora asiduamente coa UNESCO.