Fondo de Compensación Interterritorial
Fondo de Compensación Interterritorial
Nome científico:
[FCI]
Instrumento de financiamento que o goberno español emprega para axudar a aquelas rexións menos avanzadas. O diñeiro pertence aos orzamentos do Estado (hai un 35% de investimento público) e aplícase por medio das diferentes comunidades autónomas, excluídas as de maior renda por habitante. Regúlase pola Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA) e pola Lei 29/1990 do Fondo de Compensación Interterritorial e a súa configuración estableceuse polo Acordo de Política Fiscal e Financeira (1992).