Fondo de Garantía de Depósito

Fondo de Garantía de Depósito

Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que ten por obxecto facer fronte ás situacións de crise nas entidades de depósito. Ao seu patrimonio contribúen o Banco de España e a banca privada co fin de garantirlles aos depositarios e contacorrentistas o importe, ata unha determinada cantidade, dos depósitos constituídos nos establecementos dos bancos adheridos ao sistema.