Fondo das
Organismo constituído en 1969 dentro da Organización das Nacións Unidas. O seu obxectivo é financiar tecnicamente as políticas demográficas dos países en desenvolvemento. O seu financiamento provén das contribucións voluntarias dos estados e os seus programas son levados a cabo por estes, por outros organismos da ONU e por ONGs. Seguindo as metas e directrices formuladas na Conferencia Internacional de Poboación e Desenvolvemento (CIPD) de 1994, traballa en tres grandes programas: saúde reprodutiva, incluíndo a planificación familiar e a saúde sexual; estratexias de poboación e desenvolvemento, por medio da axuda na recolleita de datos e na realización de investigacións prácticas en materia de política de poboación; e promoción, coa defensa e promoción dos obxectivos da CIPD referidos aos servicios e dereitos produtivos, á prolongación da esperanza de vida, á redución da mortaldade infantil e materna, á redución da diferenza de escolarización entre nenos e nenas, ao fortalecemento da capacidade dos países para formular e aplicar estratexias de poboación e desenvolvemento e ao aumento dos recursos dedicados aos problemas de poboación.