"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Formado baixo a tutela de J. Ockeghem, superou as formas tradicionais e cambiou a relación entre o texto e a música. Foi cantor da catedral de Milán, da capela pontificia en Roma e posteriormente entrou ao servizo da familia Sforza, primeiro co duque Galeazzo Maria e logo co cardeal Ascanio Sforza. En 1499 deixou Roma para entrar ao servizo do duque Hércules I de Ferrara ata 1505 e volveu a Francia en 1509. Incorporou influencias italianas á formación característica da escola flamenga e rompeu coa tradición musical medieval. Mestre da polifonía e mais do contrapunto, as súas composicións caracterízaronse polos grandes cambios polifónicos e pola repetición dun treito musical. Así mesmo, creou un novo tipo de motete que, aínda que baseado nun tema litúrxico ou popular, era unha forma musical moi libre. Prestixioso contrapuntista, logrou estender a súa música rapidamente por Europa. A súa produción comprende misas, motetes, himnos, salmos e cancións profanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indica o punto de partida dunha acción no tempo ou no espacio. OBS: Na lingua actual ten un uso escaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dislocar ou partir a queixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compensar algunha cousa a alguén por unha perda sufrida ou por unha situación de desfavorecemento.

    2. Proporcionarse unha persoa unha vantaxe ou satisfacción que lle compense un dano, unha molestia ou unha situación de desfavorecemento.

    3. Tomar vinganza contra alguén por unha ofensa ou un prexuízo recibido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desquitar ou desquitarse.

    2. Oportunidade que se lle dá a alguén para resarcirse dunha ofensa ou dano recibido, especialmente en xogos ou deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmandade de carácter relixioso fundada en Pontevedra (1935), que tomou o seu nome do lema utilizado polos irmandiños no s XV. Tiña como obxectivo a difusión dos ideais e valores do catolicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lique no que o fungo integrado é un deuteromiceto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Escribiu artigos de carácter científico en publicacións especializadas, e textos literarios e de actualidade en diversos xornais. Publicou Fábula en tres escenas. El dolor de la guerra (1941) e Oración a Sevilla (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Spencer Compton Cavendish.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous aquenios que constitúe o froito típico das apiáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emplasto feito con óxido de chumbo e aceite, empregado a principios do s XX como remedio caseiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno na que dous soberanos exercen simultaneamente o poder. Algúns autores definiron con este termo o sistema introducido por Augusto (27 a C), que dividía o poder supremo entre o emperador e o Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999 coa tese Problemas de aprendizaje en la interpretación de observaciones de estruturas biológicas con el microscopio. Profesor de didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Santiago de Compostela, é subdirector da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do departamento de didáctica das ciencias da USC dende o 2001. Foi membro do consello de redacción da revista ADAXE. Revista de estudos e experiencias educativas (1984-1997) e, desde 1994, membro do consello asesor de ALAMBIQUE. Didáctica de las ciencias experimentales. É autor de investigacións no campo da didáctica das ciencias experimentais sobre as ideas dos estudiantes e os problemas da aprendizaxe da bioloxía, en que destacan os seus traballos “El concepto de ser vivo en los diferentes niveles educativos: ideas de los alumnos de EGB, BUP y Magisterio” (Adaxe, 1992)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, sociólogo e economista, fillo de Xoaquín Díaz de Rábago e Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios (1887) e director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1887-1890). Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo “Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives”. Entre os seus escritos destacan Los foros en Galicia, Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País, La industria de la pesca en Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor neoclásico. Recibiu en Madrid formación científica no eido da astronomía, da física, das matemáticas e da química. Desempeñou diversos cargos no Arsenal de Ferrol e dirixiu, de xeito interino, a fábrica de moedas de Xubia (1813-1816). Iniciou a súa carreira artística a finais da década de 1790. A crise da produción naval iniciada coa Guerra de Independencia, levouno a dedicarse de cheo á pintura. Pintor de limitados recursos artísticos, empregou sobre todo tons ocres e terras. No seu estilo demostrou coñecer a obra de Mengs, do que se pensa que foi discípulo e de quen copiou o seu Descendemento para a capela do cemiterio de Ferrol (1817). Na catedral de Mondoñedo realizou entre 1829 e 1834 os cadros Inmaculada Concepción, Virxe do Rosario, Desposorios da Virxe, San Sebastián e San Fernando na toma de Sevilla. Para o Hospital da Caridade de Ferrol fixo, entre outras obras, os retratos Dionisio Sánchez Aguilera, Alejandro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidad Central de Madrid (1963), foi Director provincial do SERGAS en Lugo e deputado do Parlamento galego polo Partido Popular desde as eleccións do 2001, pola circunscrición de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Joaquín Dicenta Benedicto. Publicou, entre outras obras, a traxedia El bufón (1913), o poema dramático La leyenda del yermo (1915), El idilio de Pedrín (1916), os dramas Son mis amores reales (1925) e Leonor de Aquitania (1933) e, en colaboración con Antonio Paso, os disparates cómicos El cuarto de la gallina (1922), Simón y Manuela (1923) ou a traxicomedia Tutankamen (Rey de Egipto) (1924). Recibiu o Premio Piquer e o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a revista Germinal -na que publicaron, entre outros, Salmerón, Benavente, Baroja, Azorín e Valle-Inclán-, e colaborou en diversos xornais de ideoloxía liberal como El País ou El Liberal. En 1889, xunto con Ruperto Chapí, fundou a Sociedad de Autores. Actualizou a tradición do melodrama de costumes populares mediante a incorporación dun tratamento innovador da cuestión social. Da súa produción destacan El suicidio de Werther (1888), Los irresponsables (1890), Luciano (1894), Juan José (1895), El señor feudal (1896), El tío Gervasio (1899), Aurora (1902), Amor de artistas (1906), Daniel (1907), El crimen de ayer (1908) e Sobrevivirse (1913). Ademais, escribiu libretos de zarzuela como Curro Vargas (1898), xunto con Manuel Paso e música de Ruperto Chapí, Raimundo Lulio (1903), drama lírico en tres actos e un epílogo musicado por Ricardo Villa, e Entre rocas (1908), zarzuela musicada tamén por Chapí.

    VER O DETALLE DO TERMO