"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de J. M. J. Ingres, pintou os frescos das igrexas de Saint-Sévérin, Saint-Germain-des Prés e Saint-Vicent-de-Paul, en París, e decorou o castelo de Dampierre. Foi o retratista oficial de Napoleón III e da sociedade aristocrática e burguesa do Segundo Imperio. Cultivou tamén a pintura histórica e mitolóxica. En 1830 gañou o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido suave e fino de la ou algodón, lixeiramente cardado por unha das súas caras.
-
-
de flanquear.
-
-
Aplícase ao escudo dividido por dúas liñas verticais que delimitan, xunto cos costados respectivos, dúas partes laterais (flancos) dun ancho dunha quinta parte do escudo.
-
flanqueado angulado
Aplícase ao escudo flanqueado con liñas de división formando cada unha un ángulo obtuso, e no que os vértices destes ángulos distan entre eles un terzo do ancho total do escudo.
-
flanqueado curvado
Aplícase ao escudo no que as liñas de división son curvas e a distancia mínima entre elas é dun terzo do ancho total do escudo.
-
-
-
-
Estar situado algúen ou algo aos lados ou flancos.
-
Ir algo ou alguén ao longo do flanco, en paralelo a el.
-
Protexer ou atacar os flancos dunha unidade en marcha ou os accesos á zona da marcha con destacamentos.
-
-
-
Acción de flanquear.
-
Técnica que garante a seguridade das tropas en marcha. Consiste en situar un pequeno núcleo de tropa sobre cada un dos accesos á zona da marcha da unidade, denominada flanqueo fixo, ou ben facer marchar pequenos núcleos da tropa en paralelo á marcha da unidade, coñecida como flanqueo móbil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza diminuída que equivale a un sautor reducido á metade da súa amplitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos triángulos que se poñen nos flancos do escudo sen chegaren a tocalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante de tinta que obtivo en 1901 R. Bohn como resultado de fundir a β-aminoantraquinona a unha temperatura por riba dos 270°C. Tamén se coñece como amarelo de indantreno G.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (880-923). Segundo o Flavianus Bracare Lugo episcopus arce foi tamén bispo de Braga e Oviedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (446-449). Excomungou o monofisita Eutiques sen informar o Papa León I, pero foi deposto polo Emperador Teodosio II, instigado por Dióscoro de Alexandría no Sínodo de Éfeso (449). Morreu camiño do exilio. Foi rehabilitado polo Concilio de Calcedonia. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Foi pioneiro no emprego dos tubos de neon para crear ensamblaxes luminosas cunha concepción minimalista. As súas composicións baséanse nas liñas verticais, horizontais ou diagonais, e están compostas por tubos fluorescentes de distintos tamaños e cores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
flaxelador.
-
Que ou quen é adepto a un grupo relixioso que practica a flaxelación como mortificación ou penitencia.
-
-
PERSOEIRO
Escultor e debuxante inglés. Estudiou na Royal Academy Schools (1775-1787), onde foi profesor dende 1810, e residiu en Roma (1787-1794), onde gravou a Iliada e Odisea de Homero en 1793. Gravou tamén obras de Esquilo (1795), Dante (1802) e Hesíodo (1817). Volveu a Londres onde realizou, entre outros, os monumentos sepulcrais de lord Howe, de J. Reynolds e de H. Nelson, na catedral de Saint Paul. Foi o principal representante do neoclasicismo no Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. Consolidouse como un expoñente destacado do ‘novo cinema’ alemán con Iagdszenen aus Niederbayern (Escenas de caza na Baixa Baviera, 1969). Con posterioridade dirixiu Frevel (Sacrilexio, 1983), Es ist nicht leicht ein Gott zu sein (Non é fácil ser un deus, 1989) e o documental Deutschland, Deutschland (Alemaña, Alemaña, 1991) sobre a unificación alemana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo británico. Estudiou medicina na Universidade de Londres e foi profesor de bacterioloxía nesa mesma universidade. As súas investigacións, orientadas dende un principio cara á bacterioloxía, levárono a descubrir en 1921 un enzima, o lisozima, substancia antibiótica que se atopa na saliva, nas lágrimas e na clara do ovo, e que o puxo no camiño do seu gran descubrimento: a penicilina (1928). Non obstante , mediou un período de once anos ata que en 1939 un equipo de investigadores, dirixidos por Horward Florey, lograran illar e producir a penicilina en cantidade suficiente para o seu uso. Foi membro da Royal Society de Londres e doctor honoris causa de numerosas universidades: París, Roma, Harvard, Madrid, etc. Realizou numerosos traballos sobre inmunoloxía, bacterioloxía e quimioterapia. En 1945 recibiu, con E. B. Chain e H. W. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía como descubridor das propiedades bactericidas do fungo Penicillium notatum. Considérase...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Durante a Segunda Guerra Mundial foi secretario do director de espionaxe no ministerio da Mariña. Creador do personaxe de James Bond, iniciou a serie con Casino Royale (1953) e fixo un total de doce títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe mariño, da familia dos pleuronéctidos, de corpo plano e asimétrico, de boca grande e terminal, cos ósos farínxeos provistos de dentes fortes e aletas pectorais desiguais. Son activos depredadores que perseguen as súas presas nadando en posición vertical. Segundo medran viven a maior profundidade, e así os animais novos predominan entre os 50 e os 200 m, e os adultos dende os 200 ata os 2.000 m de profundidade. Os fletáns son apreciados polo home debido á calidade da súa carne. Os bancos teñen unha baixa capacidade de recuperación ante a sobrepesca, xa que os animais non acadan a madurez sexual ata os 10 anos de idade.
-
Peixe de ata 400 cm de lonxitude e 300 kg de peso, de cor entre verde oliva e acastañada escura. Caracterízase por presentar a liña lateral formando unha curva pronunciada por riba das aletas pectorais. Habita no Océano Atlántico, dende o golfo de Bizkaia ata Groenlandia.
-
Fletán de ata 120 cm e 45 kg de peso, de cor entre acastañada, negra ou negra azulada. Caracterízase por presentar a aleta lateral cunha pequena inflexión na súa parte anterior. Habita nas augas árticas.
-
-
PERSOEIRO
Historiador inglés. Licenciado na University of Oxford, foi profesor de historia na University of York (1969-2001). Centrou os seus estudios na tardoantigüidade e na alta Idade Media. Colaborador de, entre outras publicacións, Historical Review, Bulletin of Hispanic Studies e Times Literary Supplement. Das súas obras destacan The episcopate in the kingdom of León in the twelfth century (1978) St. Jame’s Catapult: The life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (1984) e The conversion of Europe. From Paganism to Christianity 371-1386 (1997). Foi membro da Royal Historical Society de Londres e galardoado en 1989 co Wofson Literary Award for History e en 1990 co Los Angeles Book Prize for History.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e político francés. Capelán da Raíña María Tareixa de Austria (1679-1683) e bispo de Frejús (1698-1714), foi nomeado en 1714 preceptor do futuro Luís XV e desde 1726 ministro de Estado. Opúxose aos xansenistas e practicou unha política exterior pacifista, malia intervir activamente nas guerras de sucesión de Polonia e Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pólder do SL do río Ijssel, gañado ao Zuiderzee, Países Baixos, de 1 a 5 m por debaixo do nivel do mar. Desecouse entre 1950 e 1957. Está separado do continente polo lago Veluwemeer.