fletán
(< fr flétan)
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño, da familia dos pleuronéctidos, de corpo plano e asimétrico, de boca grande e terminal, cos ósos farínxeos provistos de dentes fortes e aletas pectorais desiguais. Son activos depredadores que perseguen as súas presas nadando en posición vertical. Segundo medran viven a maior profundidade, e así os animais novos predominan entre os 50 e os 200 m, e os adultos dende os 200 ata os 2.000 m de profundidade. Os fletáns son apreciados polo home debido á calidade da súa carne. Os bancos teñen unha baixa capacidade de recuperación ante a sobrepesca, xa que os animais non acadan a madurez sexual ata os 10 anos de idade.
-
fletán común
[ANIMAL/ICT]
Peixe de ata 400 cm de lonxitude e 300 kg de peso, de cor entre verde oliva e acastañada escura. Caracterízase por presentar a liña lateral formando unha curva pronunciada por riba das aletas pectorais. Habita no Océano Atlántico, dende o golfo de Bizkaia ata Groenlandia.
-
fletán negro
[ANIMAL/ICT]
Fletán de ata 120 cm e 45 kg de peso, de cor entre acastañada, negra ou negra azulada. Caracterízase por presentar a aleta lateral cunha pequena inflexión na súa parte anterior. Habita nas augas árticas.