"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na tradición dos pintores da scapigliatura, inclinouse posteriormente cara ao postimpresionismo francés. Foi un dos fundadores do novecentismo pero non se integrou moi plenamente nel, a causa da influencia máis forte de P. Cézanne e de É. Bonnard. Pintou sobre todo paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar o pelo ou a la a algúns animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (4.366 h [2001]). Os cultivos son basicamente de secaño. A actividade tradicional predominante foi a marítima, pero desde o comezo do s XX adquiriu importancia a función residencial e de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede construída no leito dun río para deter e desviar a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está queimado pola acción da calor, do lume ou do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calor forte que desprende o sol.

    2. Lugar onde vai moita calor.

    3. Horas en que máis forte quenta o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, historiador e político. Monxe beneditino en Montecassino (1832), dedicouse aos estudos históricos. O estudo da Cuestión Romana levouno dunha posición neogüelfa inicial á aceptación do feito italiano e á loita pola reconciliación. Politicamente pasou da intransixencia á intervención, a título persoal, nos gobernos italianos. A súa obra, La Conciliazione (1887) foi condenada por León XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Camariñas. Por causa das rapinas, os seus monxes refuxiáronse en varias ocasións no de San Paio de Antealtares, que o restaurou como priorado e o refixo como construción durante o s XII. As súas rendas foron unidas ás do mosteiro de San Paio, ata a súa desaparición, ao ser unido a San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga moeda portuguesa de prata cun valor de 100 reais. Denomínase así porque nela aparecía a fronte do soberano.

    2. Moeda mexicana de prata cun valor de 50 centavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Naturalizado italiano, traballou en Alemaña e desde 1937 residiu en Roma. A súa obra caracterizouse por unha monumentalidade rústica e pola decoración escultórica de diversos edificios públicos de Roma, como o palacio de deportes ou o club automobilístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comprende todas as partes de algo.

      1. Suma ou conxunto de elementos considerada como un todo.

      2. Suma ou resultado dunha adición.

    2. En conclusión.

    3. Ao fin e ao cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding empresarial de orixe franco-belga, que xurdiu en 1999 tras a fusión da Société Nationale Elf-Aquitaine con Total-Fina. Encárgase da exploración, produción de transporte, refinamento e distribución de petróleo e de gas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de total.

    2. Conxunto dos elementos que constitúen un todo.

    3. Categoría da clase de cantidade que expresa a unidade da pluralidade, no cadro das doce categorías do pensamento de I. Kant.

    4. Principio segundo o que todo aquilo que formou parte dun todo mental adoita facer aparecer este todo. É fundamentalmente un fenómeno mental que consiste en que, ao darse nun individuo unha repetición dun elemento da súa vida psicolóxica pasada, tende a reproducirse dunha maneira integral todo o conxunto do estado de consciencia do que formaba parte.

    5. Principio empregado principalmente polos representantes da escola da psicoloxía da forma que considera que o todo presenta propiedades distintas das dos seus compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político que exerce unha forte intervención en todas as ordes da vida dunha nación ou dun estado e que, sen admitir ningunha forma de oposición legal, concentra a totalidade dos poderes estatais en mans dun grupo ou partido, sen respectar ou reducindo os dereitos civís e políticos e as liberdades públicas. Identificado a miúdo cos réximes extremistas de dereita ou esquerda, oponse á concepción liberal e democrática, coa pretensión de organizar dunha maneira ditatorial a vida privada e pública da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao totalitarismo.

    2. Partidario ou seguidor do totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de totalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dá o total dunha suma ou o valor máximo alcanzado por unha determinada magnitude.

    2. Aparato que nunha máquina dá o total dunha serie de operacións.

    3. Conxunto de aparatos que nos hipódromos e nos canódromos indican, entre outros, o número de apostas xerais e particulares ou os gañadores.

    VER O DETALLE DO TERMO