totalitarismo

totalitarismo

(< totalitario)

s m [POLÍT]

Réxime político que exerce unha forte intervención en todas as ordes da vida dunha nación ou dun estado e que, sen admitir ningunha forma de oposición legal, concentra a totalidade dos poderes estatais en mans dun grupo ou partido, sen respectar ou reducindo os dereitos civís e políticos e as liberdades públicas. Identificado a miúdo cos réximes extremistas de dereita ou esquerda, oponse á concepción liberal e democrática, coa pretensión de organizar dunha maneira ditatorial a vida privada e pública da sociedade.