"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘escribir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘secretario’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘panca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou nas universidades de Berlín e Mainz. Traballou nos hospitais de Dresde e Düsseldorf. Dedicouse primeiramente ao estudo da cardioloxía e máis tarde ao estudo da uroloxía. Desenvolveu unha técnica para a exploración do corazón, a cateterización cardíaca, que consiste en introducir un catéter por unha vea do codo e desprazalo ata o corazón. En 1956 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con D. W. Richards e A. F. Cournand, polo desenvolvemento de novas técnicas para o estudo das enfermidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Da súa produción destacan Where Angels Fear to Tread (1905), The Longest Journey (1907), A Room With a View (1908), Howard’s End (1910), A Passage to India (1924), Maurice (1927), Aspects of the Novel (1927) e Two Cheers for Democracy (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa de Martinica, das Pequenas Antillas, na costa oeste, situada á entrada da baía homónima (94.049 h [1999]). Ten industrias azucreiras e destilerías de ron. Fundada en 1672 por iniciativa de J. B. Colbert, converteuse na capital de Martinica trala erupción do volcán Pelée (1902), que destruíu Saint-Pierre. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de Saint Louis (ss XIX e XX), o parque de Savane e a biblioteca Schoelcher, construída por Henry Pick para a Exposición de París de 1889 e trasladada posteriormente á illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento creado a principios do s XVIII por Bertomeu Cristofori que, perfeccionado, deu lugar ao actual piano. O uso de martelos recubertos de feltro que percutían nas cordas do instrumento, combinando co dos apagadores, permitía unha gradación de intensidade sonora, imposible cos instrumentos de tecla daquel tempo. Na época moderna pasou a designar os pianos do s XVIII.

    2. Signo (F p ) que indica que cómpre interpretar un fragmento musical pasando de forte a suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Academia Militar de Zaragoza (1953) e acadou o grao de tenente de artillería en 1957, ascendeu a capitán en 1966 e licenciouse en Filosofía e Letras (1969). Membro da Unión Militar Democrática (UMD), foi detido xunto con outros compañeiros (29.7.1975) e condenado a catro anos de prisión pola súa militancia. Foi indultado ao ano seguinte e dirixiu a revista infantil Vagalume (1976-1978). Concelleiro en Pontevedra (1979-1983), en 1998 foi nomeado subdirector da UIMP en Galicia. Colaborou en diversas publicacións como Teima e Historia 16. Das súas obras destacan: Qué son las Fuerzas Armadas? (1977) en colaboración con Restituto Valero, Proceso a nueve militares demócratas: las Fuerzas Armadas y la UMD (1983), xunto con Luís Otero, Historia de la ciudad de Pontevedra (1993) e Galicia e o mar (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Historia de América pola Universitat de Barcelona. Da súa produción destaca Querido Corto Maltés (Premio Nuevos Narradores 1994), Las cenizas de la Bounty (1998), Tiernos y traidores (1999), Fronteras de Arena (2001) e Adiós, muñeca. Cuaderno de cine (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fortifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franco Lattes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Tradución de Fórmulas é unha linguaxe de programación que serve para introducir un algorismo de cálculo nun ordenador. Aseméllase á linguaxe matemática inglesa e é adecuada sobre todo para aplicacións técnicas e científicas. A versión máis utilizada universalmente chámase FORTRAN IV ASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino e haxiógrafo. Intercedeu por el san Martiño de Tours cando estaba a piques de morrer; en recompensa, peregrinou á súa tumba. En 597 foi elixido bispo de Poitiers, e morreu pouco despois. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé María Pérez Forján.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, na rexión do Centro-sur (303.160 h [1990]). Situada a 16 km ao SO da cidade de Canton, no delta do río Xi Jiang. A súa economía baséase na industria e no comercio. Do seu patrimonio cultural destacan o templo Zhu, as estatuas de Buda na montaña de Tapo (s VII) e a fábrica de cerámica de Shiwan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista inglés. Estudiou na Manchester University e na Yale University. En 1963 formou o grupo Team 4 Architects, xunto coa súa esposa Wendy A. Foster que disolveu en 1967. Dirixiu o estudo internacional de arquitectura Foster and Partners. Empregou diferentes materiais e inclinouse polas superficies curvas. Entre as súas obras destacan o Hongkong and Shanghai Banking Corporation (Hong Kong, 1986), a terminal do aeroporto de Essex (1991), o aeroporto de Hong Kong en Chek Lap Nok (1998), o novo Reichstag de Berlín (1999) e a praza interior do British Museum (2000). No eido do urbanismo realizou a ordenación da Exposición Universal de Lisboa de 1998. En España realizou a torre de comunicacións de Collserola (Barcelona, 1988-1995) e o metro de Bilbao (1988-1995), do que destacan as bocas. Proxectou a Plataforma de Comunicación do Monte Pedroso en Santiago de Compostela, aínda non realizada. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Pritzker (1999) e o título de lord.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procedementos fotográficos e electrónicos empregados para reproducir ilustracións. A técnica empregada en offset é sensiblemente igual á utilizada no fotogravado, salvo que xeralmente se traballa con positivos do orixinal. Actualmente utilízanse analizadores cromáticos (escáners) que exploran a ilustración orixinal cunha técnica de varrido. Cada punto da imaxe explorada (píxel) reflite, se é opaco, ou deixa pasar unha certa cantidade de luz proporcional á súa luminosidade, se é transparente. Esta luz actúa sobre un dispositivo CCD que emite un sinal eléctrico que é tratado por un ordenador. A continuación o sinal pasa a modular un dispositivo láser que impresiona as tres películas a partir das cales podemos expoñer á luz, respectivamente, os clixés correspondentes a cada unha das tintas de imprenta (amarela, cian e maxenta). Na práctica, sen embargo, exponse á luz unha cuarta película, á que lle corresponde a cor negra, obtendo así unha reprodución en cuadricromía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos procedementos que permiten obter imaxes fotográficas sobre pranchas metálicas por medio da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de heterotrofia dos organismos que sintetizan o material celular por redución de materia orgánica procedente do medio mediante electróns que obteñen desta materia, e que empregan a luz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO