Fort-de-France
Fort-de-France
Capital da illa de Martinica, das Pequenas Antillas, na costa oeste, situada á entrada da baía homónima (94.049 h [1999]). Ten industrias azucreiras e destilerías de ron. Fundada en 1672 por iniciativa de J. B. Colbert, converteuse na capital de Martinica trala erupción do volcán Pelée (1902), que destruíu Saint-Pierre. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de Saint Louis (ss XIX e XX), o parque de Savane e a biblioteca Schoelcher, construída por Henry Pick para a Exposición de París de 1889 e trasladada posteriormente á illa.