"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
GALICIA
Actor e manipulador de monicreques. Traballou con Danthea, Xalgarete, Troula ou Cachirulo, e colaborou con Els Comediants en Nit de Nits. Logo de crear a compañía 002, participou na creación de Títeres Trompicallo (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en espectáculos como O Mariscal (1994), co Centro Dramático Galego; A rúa das balconadas (1991) e A culpa foi de Mozart (1995), cos Monicreques de Kukas; e Os titirinautas (1989) ou Caleidoscopio (1991) con Falcatrúa. Tamén colaborou con Danthea ou Teatro Galileo e en 1997 creou a compañía Títeres Trompicallo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou para teatro Huesped, reo y verdugo (Premio da Comedia Moderna 1908), Un ideal que sucumbe, Heroicidad, El Dos de Mayo e Entre amigos; e as novelas Fantasía, El Marqués de Vilmar, Trinidad Augusta e Memorias de un ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e mestre. Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros, xunto con Vicente Risco, Arturo Suárez e López Cuevillas. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nacionalista Republicano Galego e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. Foi concelleiro (1931) en Ourense e deputado provincial durante a Segunda República. Como deputado provincial foi membro activo do Comité pro-ferrocarril Zamora-A Coruña e cofundador (1933) da Caixa de Aforros de Ourense. Presidiu a Cruz Vermella (1935) e participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Licenciado en Dereito e doutor en Filosofía e Letras, estudiou teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela. Ingresou no ministerio fiscal e foi vicesecretario da Audiencia de Pontevedra, secretario da Audiencia de Lugo e xuíz de primeira instancia. Tamén foi catedrático de Literatura Española e Metafísica na Universidade de Santiago de Compostela, e de Historia de España na Universidad de Valladolid e Santiago de Compostela, da que foi decano. Presidiu o Ateneo Compostelano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudios co pintor X. García Gesto e co escultor M. Mayo en Lugo, e de fotografía en Madrid (1992). A súa obra retorna á prehistoria nunha serie de signos que evocan o mundo dos gravados rupestres, caracterizada pola fragmentación e a experimentación. Participou en mostras como Dez + Dez (Santiago de Compostela, 2001) e 767 (Santiago de Compostela, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Investigador. Funcionario do concello de Tui, formou parte do equipo arqueolóxico do Baixo Miño, participou nas escavacións da vila romana e a necrópole de Currás, e foi un dos creadores do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Colaborador do Faro de Vigo e da Hoja del Lunes, das súas obras destacan Obispos de Tuy del siglo XVIII. Apuntes heráldicos (1975), Villa romana y necrópolis germánica de Currás (1980) e Los obispos de Tui y sus armas. Heráldica eclesiástica (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Doutor en Ciencias Políticas, foi secretario xeral do Instituto de la Opinión Pública (1963-1969). Exerceu a docencia como catedrático de Socioloxía na Universidad de Málaga e na Universidad Complutense de Madrid, da que foi decano (1971). Participou na creación do Partido Socialdemócrata, co que se integrou na UCD (1977). Foi senador por Ourense na lexislatura Constituínte e deputado por Pontevedra no Congreso na I lexislatura (1979-1982). Presidente e fundador de Cambio 16 e Diario 16, director da Revista Española de Opinión Pública e da Revista de Estudios Sociales, das súas obras destacan Opinión Pública y Comunicación de Masas (1969) e La década del cambio (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e poeta. Coñecido como Sechu Sende, foi un dos activistas culturais ligados á plataforma Burla Negra e Nunca Máis. Da súa produción destacan o libro de poemas Odisea e a novela Orixe (Premio Blanco Amor 2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e político. Concelleiro e alcalde de Ourense, obtivo representación no Parlamento de Galicia como deputado por Ourense na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular, e na IV (1993-1997) e V (1997-2001) lexislaturas, polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. En 1967 fichou como gardameta polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo en que permaneceu ata 1986 e co que se proclamou campión da Copa da UEFA en dúas ocasións (1984-1985, 1985-1986) e gañou 7 títulos de liga e 4 Copas de España. Coa selección española participou en 18 partidos (1975-1978) e gañou o Trofeo Ricardo Zamora na tempada 1975-1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito na Universidad de Madrid, foi profesor na University of Syracuse en EE UU. Pertencente á Nova Narrativa Galega, participou no parladoiro do café Lyon D’Or. Baixo o pseudónimo de Camilo Gonsar publicou Lonxe de nós e dentro (1961), Cara a Times Square (1980), A desfeita: (semirreportaxe) (1983), Como calquera outro día (1994), Arredor do non (1995) e Luz del Príncipe-Sol: cuatro relatos de segundo grado (1996). É membro do PEN Club de Galicia e da Real Academia Galega (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de lingua e literatura galega, é un poeta pertencente á Xeración dos 80, que iniciou a súa produción con A caneiro cheo (Premio Esquío e Premio Antón Losada Diéguez 1986), seguido de Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1986), Remol das travesías (Premio da Asociación da Crítica Española 1990), Coa forza da palabra (1993), Estación marítima (1996) e Invocación dun tempo/Invocació d’un temps (2001). Presidente do PEN Club de Galicia, corresponsable da colección de poesía Arte de Trobar, fundador e ex-director da revista Dorna, en 1999 recibiu o Premio Julio Camba e o Premio Modesto R. Figueiredo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e dramaturga. Vinculada á Compañía Matarile, na Sala Galán en Compostela desenvolveu a súa actividade como directora de escena en espectáculos como Andante, Zeppelín número 7, Negro e Negro, Teatro para camaleóns, The Queen is dead ou A brazo partido. Tamén participou na realización de coproducións con compañías como Provisional Danza, Cambaleo ou Andrés Corchero, a organización de cursos de formación teatral, coloquios e conferencias ou a coordinación do Festival La Alternativa e do Festival de Danza En Pé de Pedra. Recibiu o Premio María Casares de dirección de escena (2000) por The Queen is dead.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escritor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de La Habana e na Escola de Arquitectura de Nova York (1885-1889). Foi profesor na Escola de Artes da Coruña (1893) e na Escola Especial de Artes e Industrias de Santiago de Compostela (1903). Das súas obras destacan Retrato de Alfredo Brañas, As tres Gracias e Rebeca e Eliecer, pola que obtivo a primeira medalla da Exposición de Pintura e Industria da Coruña (1890). Foi colaborador artístico e literario de La Voz de Galicia e escribiu Cantares (1888) e Entre luces (1900). Presidiu a Asociación de Prensa da Coruña e foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Xefe provincial de telecomunicacións do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da Agrupación Cultural Auriense, foi o creador do personaxe de cómic O Carrabouxo, colaborou en diversas publicacións como La Región, Atlántico Diario e A Nosa Terra. Publicou Ano e pico de carrabouxos, 400 carrabouxos máis, Carrabouxos a esgalla I, Carrabouxos a esgalla II e A Sabeliña. Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo, o Premio José Aurelio Carracedo de xornalismo e o Populares de COPE en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de artistas casteláns. Pablo González Velázquez (Andújar 1664-Madrid 1727), escultor, traballou para as igrexas madrileñas e fixo o retablo da igrexa das Calatravas. Dos seus fillos, Luis González Velázquez (Madrid 1715-1765), pintor, traballou nas Salesas e nas Descalzas Reales de Madrid; Alejandro González Velázquez (Madrid 1719-1772), pintor, escultor e arquitecto, fixo o altar maior de San Francisco de Borja e traballou nos palacios reais de Aranjuez, Madrid e La Granja de San Ildefonso; e Antonio González Velázquez (Madrid 1729-1793), pintor, decorou a cúpula da capela Angélica do Pilar de Zaragoza (1753) e en 1757 foi nomeado pintor de cámara. Os fillos deste último tamén foron artistas. Zacarías González Velázquez (Madrid 1763-1834), pintor de cámara (1801), traballou na Real Fábrica de Tapices e na decoración do Palacio Real e na Casita del Labrador de Aranjuez; esta...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Colaborou con diversos medios de comunicación, como La Voz de Galicia, a Revista do Colexio de Arquitectos de Galicia e a Revista Galega de Educación. En 1983 realizou a súa primeira exposición na Sá dos Peiraos de Vigo e desde entón participou en diversas mostras, como a II e IV Fotobienal de Vigo (1986 e 1990) e nas exposicións fotográficas sobre os refuxiados saharauís (1995, 1997 e 1998). Publicou Santiago de Compostela (1989), con textos de X. Filgueira Valverde; Baiona (1992), con X. F. Armesto Faginas; O Camiño de Santiago (1992), con Basilio Losada; e Peregrinos (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Locutor radiofónico. Desenvolveu o seu labor no departamento de relacións públicas da Cadena SER. Foi delegado en Lugo de La Región e colaborador da Televisión Española en Galicia. A partir de 1968 traballou en Radio Popular de Lugo. Publicou os guións de radio El Dios de Roma que lloró por Lugo (1979), Salou, novia del mar (1980) e Medio cento de galegos e Rosalía (1983). Obtivo o Premio Galicia de Xornalismo (1985).
VER O DETALLE DO TERMO