"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Pintor e escultor. Autodidacta de formación, a súa obra apóiase nun forte cromatismo e nun persoal concepto do debuxo. Expuxo por primeira vez en Atenas (1973) e, entre outros lugares, en Barcelona, A Coruña, Italia, Francia e EE UU. Obtivo, entre outros galardóns, os premios de Cornellá (1980), Tossa del Mar (1983) e Viladecamps (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. De ideoloxía anarquista, variou cara ao socialismo reformista tralo seu contacto con Anna Mijáilovna. Fundou diversas organizacións e xornais socialistas. Foi o primeiro deputado socialista de Italia (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Logo de traballar no mundo castrexo, especializouse na arte rupestre. Foi comisario das exposicións Petroglifos del litoral sur de la Ría de Vigo (Vigo, 1985), A arte rupestre galega cara ao século XXI (Vigo, 1998) ou De Vigo a Santiago Arte Rupestre de Galicia (Turín, 2000). Colaborador de diferentes publicacións especializadas, é coautor, entre outros estudios, de Petroglifos del litoral sur de la ría de Vigo (1984), Los grabados rupestres de Galicia (1993), La figura humana en los grabados rupestres del continente europeo (1995), Los grabados rupestres en las regiones del Orinoco (1997), Arte Rupestre al sur de la ría de Vigo (1999) e El arte rupestre de Galicia (2000). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, da Asociación Arqueolóxica Viguesa e da International Federation Rock Art Asociation (IFRAO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e ecólogo norteamericano. Profesor de botánica na Universidade de Chicago (1925), foi un dos iniciadores da xeobotánica americana. Introduciu o concepto de sucesión, desenvolvido posteriormente por Clemens, no seu estudo Vegetation of Sand Dunes of Lake Michigan (A vexetación das dunas de area do lago Michigan, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas glándulas de aproximadamente 1 cm de diámetro situadas baixo da próstata. Segregan un produto alcalino, viscoso e mucoso, que constitúe entre o 2-5% do seme e que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. Tamén se coñecen como glándulas bulbouretrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Acuarelista e debuxante ruso. Formouse en Italia e cara ao 1746 trasladouse a Inglaterra. Foi profesor de debuxo en Londres. Cultivou a paisaxe, entendida como unha evocación da natureza na que participaba a imaxinación e a memoria. Escribiu A New Method of Assisting the Invention in Drawing Original Compositions of Landscape (Novo método de axuda para a invención do debuxo de composicións orixinais da paisaxe, 1785-1786). O seu fillo John Robert Cozens (Londres 1752 - 1799) foi tamén pintor e cultivou a acuarela e a paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pacifista inglés. Formouse como carpinteiro e en 1852 trasladouse a Londres onde comezou o seu activismo obreiro. Participou na formación da Primeira Internacional, pero retirouse ao non considerala pacifista. Dende 1868 pertenceu ao Parlamento. En 1870 organizou un comité obreiro para a defensa da neutralidade que deu lugar á Workmen’s Peace Association (Asociación de Obreiros pola Paz), da que foi elixido secretario en 1871. Fundou tamén a International Arbitration League (Liga Internacional de Arbitraxe) e en 1889 a Interparlamentary Union (Unión Interparlamentaria), da que foi vicepresidente e secretario da sección británica. En 1903 recibiu o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da técnica e da cor. Cultivou os modos realistas e románticos, e nos seus bodegóns destaca a calidade matérica dos obxectos. Fundou en 1968 o grupo O Grilón, co que expuxo en diversas ocasións, como na Feria de Mostras do Noroeste e en Viveiro. Entre outras exposicións colectivas destacan a I Exposición de Artistas Ferroláns (A Coruña, 1960) e a III Bienal Nacional de Arte en Pontevedra (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos introdutores do simbolismo en Portugal. Da súa produción destacan, entre outras obras, Miniaturas (1871) e Nocturnos (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
    Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son  Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de pobos cristiáns.

    2. Doutrina que lexitima a orde político-social medieval, caracterizada pola coincidencia do poder civil (Imperio) coa autoridade eclesiástica (Igrexa). Isto implica que a cristiandade engloba todo o pobo: a persoa individual chega a ser membro da Igrexa por ser membro dunha comunidade que profesa a fe e que quere ser cristiá. Así, a fe persoal deixa de ser un elemento importante para pertencer á Igrexa. Pola súa banda, a orde profana necesita a coroación transcendente que lle proporciona a relixión; de aí vén a xustificación das guerras relixiosas e das cruzadas, e a imposición das formas de vida cristiás como as únicas oficialmente recoñecidas no reino deste mundo: bautismo, matrimonio e orde son os únicos medios de demostrar, aínda no eido civil, unha personalidade ou un estado de vida. Segundo esta lóxica, quen deixa de ser membro da Igrexa debe desaparecer como membro da sociedade civil. O tipo oriental de cristiandade representou dende Constantino un cesaropapismo que ve no emperador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro, ebanista e tallista para despois estudar na Escola de Belles Arts de Barcelona. Participou en 1936 na Exposición Loxicofobista de Barcelona. A súa estética é surrealista e, aínda que cultivou a arte figurativa, realizou obras metálicas onde empregou materiais de refugo como ferros ou variñas dos paraugas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e publicista húngaro. O seu primeiro volume, Felröppen a madár (O paxaro levanta o voo, 1954), presenta xa os dous trazos fundamentais da súa poesía: sensibilidade ante as inxustizas e seguridade técnica da rima. Editou, entre outros, os volumes Második születésem (O meu segundo nacemento, 1967), Párbeszéd sötében (Conversa ás escuras, 1973), A látogató emlékei (Lembranzas do visitante, 1977) e A tizedik este (O décimo anoitecer, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África que nace no altiplano de Bié, Angola. Segue unha dirección NO-SL, forma a fronteira entre Zambia e Angola e desemboca no Parque Natural de Chobe, en Botswana. A súa lonxitude é de 805 km.

    VER O DETALLE DO TERMO