"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada ao S de Riberão Prêto (100.502 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Gran coñecedor da xeografía física e humana de América Central, realizou estudos de vulcanoloxía e visitou a área mediterránea e Canarias. Escribiu Grundiss der physikalischen Geographie von Guatemala (Resumo da xeografía física de Guatemala, 1894), Wirtschaftsgeographie von Mexico (Xeografía económica de México, 1908) e Die Tropen (Os trópicos, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Alemaña situada no land de Renania do Norte-Westfalia. É unha chaira duns 500 m que constitúe a marxe setentrional do macizo xistoso Renano. Unha das súas principais riquezas son os xacementos de chumbo, cinc e ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Criticou a moral, os costumes e a relixiosidade tradicionais da burguesía española. Dirixiu, entre outras, Los golfos (1960), La caza (1965, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1966), Peppermint Frappé (1967, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1968), La prima Angélica (1973, Premio á mellor dirección no Festival de Cine de Cannes 1974), Cría cuervos (1975), Deprisa, deprisa (1980, Goldener Bär no Festival de Cine de Berlín 1981), Eldorado (1988), Flamenco (1995), Tango, no me dejes nunca (1998), Goya en Burdeos (1999) e El séptimo día (2004), ademais da triloxía flamenca Bodas de sangre (1981), Carmen (1982) e El amor brujo (1985), que acapararon numerosos premios internacionais. Doutor honoris causa pola Universidad de Zaragoza (1994), recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político alemán. Considerado o fundador da escola histórica alemá, que defende a orixe popular do dereito, especializouse en dereito romano, e escribiu Geschichte des römischen Rechts im Mittelalter (Historia do dereito romano na idade media, 1815-1831) e System des heutigen römischen Rechts (Sistema do dereito romano actual, 1840-1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi un dos principais representantes da arquitectura orgánica en Italia. Reorganizou diversos museos e foi o autor de numerosos pavillóns da Biennale de Venezia, do pavillón de Venecia na exposición “Italia 61, en Turín, e do edificio de Olivetti, en Venecia (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico sueco. Foi farmacéutico en Göteborg, e está considerado un dos iniciadores da química moderna. Descubriu o osíxeno, o cloro, o ácido tartárico e o cítrico, o sulfuro de hidróxeno, o molibdeno e o tungsteno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor alemán. Formouse con David e Friedrich Gilly en Berlín e despois en Italia e París. En 1839 foi nomeado director das construcións rexionais. Aínda que fixo algunha obra dentro do neogótico, foi un arquitecto neoclásico. Destacan Neue Wache, en Unter der Linde (1816-1818), Altes Museum (1823-1828, destruído) e Königliches Theater de Gendarmenmarkt (1821, reconstruído).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Profesor en Berlín, introduciu o uso da anestesia na medicina. Publicou Schmerzlose Operationen (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo evanxélico. Profesor de Novo Testamento en Bonn, foi despedido en 1933 por motivos políticos, e en 1939 os nazis negáronlle a nacionalidade alemá. Profesor en Basilea (1935-1953), foi un dos abandeirados da Formgeschichte. Escribiu Der Rahmen der. Geschichte Jesu (O marco da historia de Xesús, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudou en Chemnitz, onde coñeceu a Heckel e Kirchner, con quen formou o grupo Die Brücke en Dresden, que en 1911 se trasladou a Berlín. Partidario dun expresionismo con moita forza de impacto, desde 1913 deulle máis importancia ás formas e ao debuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Shelley Winters, destacan os seus filmes Winchester 73 (1950), The Diary of Anne Frank (Oscar á mellor actriz secundaria en 1959), Lolita (1962), A Patch of Blue (Oscar á mellor actriz secundaria en 1965), The Poseidon Adventure (1972) e La Bomba (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Traballou na elaboración da álxebra da lóxica, que introducira G. Boole, e puxo de manifesto os aspectos de orde reticular que caracterizan a álxebra de Boole.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico suízo. Ocupouse da sistemática, a ecoloxía e a fitoxeografía. Durante trinta anos traballou nunha obra sobre a flora de Europa central.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Debuxou tiras cómicas para numerosos xornais, entre as que destacou Li’l Folks, que distribuíu a partir de 1950 o United Features Syndicate baixo o nome de Peanuts, e a tira protagonizada por Charlie Brown e o seu can Snoopy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Asistente no observatorio Kuffner de Viena (1896), foi profesor en Múnic (1899-1901) e en Göttingen (1901-1909) e director do observatorio astrofísico de Postdam. Deseñou un obxectivo espectrográfico especial. Investigou sobre a relatividade xeral e o campo gravitacional dunha esfera fluída, onde introduciu o concepto de raio de Schwarzschild, que despois tivo aplicación nas teorías dos buratos negros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Xeral de España na Universitat de Barcelona e de Historia Contemporánea de España na Universidad Complutense de Madrid, investigou temas de historia de España dos ss XVII e XIX. Publicou Alfonso XIII y la crisis de la Restauración, La España de Alfonso XIII: el estado y la política, 1902-1931 (1995), en colaboración con J. Tusell. Foi membro numerario da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e xurista francés, barón de La Brède e de Montesquieu. Coñecido como Montesquieu. Estudou dereito en Bordeos e foi conselleiro no parlamento en 1714, entidade que presidiu en 1716. En 1721 publicou Lettres Persanes e en 1734 realizou o seu tratado fundamental, L’esprit des Lois, onde recolleu documentos e procesos xudiciais sobre os fundamentos da monarquía francesa, estudos xurídicos e históricos, exemplificados cunha crítica penetrante. A súa síntese sociolóxica esténdese aos países de Oriente, e soamente se viu limitada polos coñecementos da súa época. Fixo distinción entre tres formas de goberno: monárquica, republicana e despótica. Desta tríade, tentou a elaboración da noción de virtude política e afondou no estudo dos problemas da liberdade política. A partir de aquí elaborou a doutrina de separación de poderes fundamentais do Estado (lexislativo, executivo e xudicial), doutrina que se introduciu na praxe institucional de todas as nacións civilizadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e tratadista da arte italiano. En 1515 foi a Roma, onde foi discípulo de Baldasarre Peruzzi, e en 1537, chamado por Francisco I de Francia estableceuse en Fontainebleau, onde foi primeiro arquitecto (1541). Traballou como escenógrafo, enxeñeiro e ebanista. Das súas obras destaca o castelo de Ancy-le-Franc (1543-1545). Escribiu os oito libros de Trattato di architettura (1537-1575).
VER O DETALLE DO TERMO