Schinkel, Karl Friedrich

Schinkel, Karl Friedrich

Arquitecto e pintor alemán. Formouse con David e Friedrich Gilly en Berlín e despois en Italia e París. En 1839 foi nomeado director das construcións rexionais. Aínda que fixo algunha obra dentro do neogótico, foi un arquitecto neoclásico. Destacan Neue Wache, en Unter der Linde (1816-1818), Altes Museum (1823-1828, destruído) e Königliches Theater de Gendarmenmarkt (1821, reconstruído).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Neuruppin, Brandenburgo

  • Deceso

    Lugar : Berlín